Guía para declarar correctamente as parcelas da PAC 2019

Guía para declarar correctamente as parcelas da PAC 2019

Vacas de José Ramón Ramos, da Estrada, camiño do pasto

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) acaba de publicar na súa web un folleto divulgativo para os solicitantes das axudas da PAC en 2019, que se poden solicitar até o 30 de abril, co fin de aclara dúbidas e evitar erros na declaración das parcelas.

Comprobe que os datos dos seus recintos SIGPAC son correctos

O agricultor ou gandeiro que declara os recintos SIGPAC polos cales se solicitan as axudas da PAC é o responsable último de que a información rexistrada no SIGPAC sexa verídica e coincidente coa realidade. En caso contrario poderá ser obxecto de reducións e/ou penalizacións no importe das súas axudas.

Todos os anos, antes de presentar a súa Solicitude Única, comprobe que a información dos seus recintos no SIGPAC é correcta. En caso contrario, debe comunicalo á súa comunidade autónoma, utilizando o procedemento que teña habilitado. Con este fin debe comprobar:

1. Delimitación da superficie agrícola. Lembre que deben estar delimitados, de forma que queden fose do recinto e por tanto da Solicitude Única, os elementos non subvencionables: estradas, camiños e vías de comunicación, edificacións e construcións, cursos de auga, vertedoiros e zonas improdutivas, etc.

Asegúrese de que os seus recintos non os inclúan, especialmente cando realizase cambios no terreo. Tampouco son subvencionables as terras abandonadas nas que non se realiza ningunha actividade agraria.

GUIA_PAC_1

2. Uso do recinto. Lembre que se cambiou o uso dalgún recinto ou de parte do mesmo, debe presentar a correspondente solicitude de modificación canto antes.

Outras capas de SIGPAC

A capa de pastos permanentes permite saber, mediante unha consulta de intersección, se un recinto é pasto permanente e se está nunha zona medioambientalmente sensible, nese caso, non poderá nin converterse a outros usos, nin labrarse, nin efectuar nel labores máis aló das necesarias para
o seu mantemento.

A capa de superficies de interese ecolóxico rexistra aquelas superficies de tal categoría que son permanentes, entendendo como tal a permanencia no terreo por máis de tres anos.

As capas de elementos da paisaxe mostran os sebes, árbores illadas, en ringleira e en grupos, lindes, charcas, lagoas, estanques e abrevadeiros naturais, illas e enclaves de vexetación natural ou rocha e terrazas de retención que están protexidos no ámbito da condicionalidade, polo que o agricultor ou gandeiro está obrigado ao seu mantemento. Estes elementos da paisaxe, a pesar de non ser de natureza agrícola, si forman parte da superficie admisible da parcela agrícola, e non é necesario descontalos do recinto.

Novidades na captura para a campaña 2019

Información para o Censo Agrario

Unha das principais novidades da presentación das Solicitudes Únicas da campaña 2019 consiste na necesidade de declarar determinada información requirida polo Instituto Nacional de Estatística para a elaboración do Censo Agrario 2020. O obxectivo é evitar que o agricultor se vexa obrigado a cumprimentar novamente, para o Censo, toda a información que xa achega anualmente para as axudas da PAC, o que lle evitará duplicar esta tarefa.

Os novos datos que se van a capturar a partir do 1 de febreiro de 2019 son:

– Datos xerais e datos laborais sobre o Xefe da explotación.
– Destino da produción para recintos declarados de cultivos enerxéticos, proteicos, hortícolas e flores, indicándose se se trata de consumo en fresco, procesamento industrial ou produción de sementes ou plántulas para comercializar; ou ben produción de enerxías renovables no caso dos cultivos enerxéticos.

Quen é o Xefe da explotación?

É a persoa que realiza a xestión corrente e cotiá da explotación, e é responsable das rutinas diarias de produción e fianzas da explotación agrícola.

Na maioría dos casos, cando o titular é unha persoa física adoita ser tamén o xefe da explotación, e ademais pode compartir estas responsabilidades con outro membro da familia. Nos casos en que o titular non é o xefe, esta responsabilidade de xestionar a explotación recae noutra persoa, por exemplo, un membro da familia ou unha persoa asalariada.

Novidades que afectan a fruticultores e horticultores

Todos os agricultores que dispoñan, na súa explotación, de recintos cultivados de hortalizas e/ou de plantacións de froiteiras, deberán proporcionar a seguinte información.

– No caso de superficies de froiteiras deberase declarar a especie, a variedade e o ano de plantación.

– No caso de cultivos hortícolas, e cando se obteñan diversas colleitas anuais, deberán especificarse as distintas especies que se van cultivar na campaña sobre a mesma superficie.

Outras novidades

1. En relación cos pastos utilizados en común, non se permite declarar labores de mantemento para xustificar a actividade agraria, de cara a evitar situacións de abandono.

2. Flexibilízanse os cambios de titularidade nas explotacións gandeiras de cara a facilitar a incorporación á actividade de mozas e novos gandeiros.

3. O titular catastral poderá consultar quen solicitou axudas nas súas parcelas. Acreditándose debidamente na Sede Electrónica do Catastro (SEC) ou nos Puntos de Información Catastral (PIC), o titular catastral dunha parcela sobre a que se sitúen recintos obxecto dunha solicitude de axuda ten dereito a coñecer os seguintes datos da devandita solicitude de axudas: número de expediente, identificación do solicitante, réxime de tenencia e cultivo declarado.

Monitorización das superficies

A monitorización é un procedemento de observación periódica e sistemática da terra, baseado fundamentalmente na utilización das imaxes dos satélites Sentinel do Programa Copernicus.

No ámbito das axudas da PAC, a alta frecuencia e resolución destas imaxes xunto coa utilización de novas tecnoloxías como os drons, as fotos xeo etiquetadas ou a intelixencia artificial, fan posible a comprobación en gran medida automática das condicións de admisibilidade de preto do 100% das explotacións.

Os expedientes dubidosos limítanse a aqueles poucos casos nos que a monitorización inicial non alcanza unha conclusión sobre o pagamento da axuda, levándose a cabo entón outras actividades complementarias de control, entre as que se atoparían como último recurso as inspeccións sobre o terreo

A monitorización supón por tanto un cambio de paradigma do concepto de control sobre o terreo actual do 5 % dos expedientes, ao monitorizarse a superficie declarada para as axudas da PAC de todos os agricultores cun enfoque claramente preventivo, o cal incluirá a mellora dos procesos de comunicación cos mesmos.

Este cambio afectará directamente ao actual Sistema Integrado de Xestión e Control das Axudas (SIGC) que a Comisión Europea pretende mellorar e simplificar. Para iso iniciáronse varios proxectos europeos de I+D+i dentro do programa marco Horizonte H2020 nos que España está a tomar parte activa.

A normativa europea permite a introdución gradual da monitorización das axudas por superficie nun período de tres anos. Na campaña 2019, algúns países europeos e, en España, varias CCAA, comezarán a substituír en determinadas áreas xeográficas dos seus territorios os controis actuais pola monitorización das superficies declaradas polos agricultores. En concreto, en España en 2019 realizaranse controis por monitorización nas seguintes zonas:

GUIA_PAC_2

A Declaración Gráfica

Desde o ano 2018 a presentación da Solicitude Única introduce a obriga, para todos os solicitantes, de delimitar gráficamente e en formato dixital as parcelas agrícolas da explotación, así como as terras non agrícolas polas que se solicita axuda, o que constitúe a “Declaración Gráfica”. A superficie gráfica será a utilizada para a solicitude de axuda.

O agricultor non deberá realizar declaración gráfica nos seguintes casos:

– Superficies de uso en común, incluídas as parcelas declaradas en réxime de aparcería, cando os agricultores que declaran o mesmo recinto non teñan a posibilidade de delimitar gráficamente a parte que lles corresponda.

– Concentración parcelaria non integrada en SIGPAC ou outros casos de parcelas agrícolas nas que non sexa posible a utilización do SIGPAC.

-Restroballos.

Nos casos de pastos permanentes de uso en común, a entidade xestora do pasto comunal deberá presentar unha declaración gráfica da superficie que ocupa dito pasto. No resto de casos de uso de superficie en común, como a aparcería, será a autoridade competente de cada comunidade autónoma quen determine o responsable e o procedemento para efectuar a declaración gráfica da superficie que se aproveite en común, establecéndoo na súa normativa autonómica.

Se se declara un recinto completo cun único cultivo, o sistema tomará automaticamente a xeometría do devandito recinto. Se se declara só parte do recinto, ou varios cultivos dentro dun mesmo recinto, o solicitante deberá presentar obrigatoriamente a delimitación gráfica en formato dixital, identificando de forma fil a superficie ocupada por cada cultivo.

A superficie declarada será a superficie xeométrica, ben do recinto, ben da delimitación gráfica trazada, que será tomada automaticamente polo sistema, a partir do dato calculado polas ferramentas gráficas utilizadas para a declaración.

Controlarase que a delimitación gráfica da liña de declaración non solapa gráficamente con outra liña de declaración. En caso de solape, a superficie máxima validada para cada agricultor será a superficie declarada menos a superficie solapada.

Exemplo de declaración gráfica:

GUIA_PAC_3

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información