Guía para contratar seguros agrarios e gandeiros en 2019

Guía para contratar seguros agrarios e gandeiros en 2019

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a través da Entidade Estatal de Seguros Agrarios, publicou a Guía do Seguro Agrario para o ano 2019, que contén unha presentación do Sistema de Seguros Agrarios Combinados, así como as principais novidades para o ano 2019.

Este documento inclúe unha descrición de todas as liñas de seguros comprendidas no 40º Plan de Seguros Agrario Combinados, incluíndo os distintos tipos de subvención que se conceden desde o Ministerio, e as porcentaxes concretas establecidos para cada liña de seguro e modalidade de contratación á que poden optar agricultores, gandeiros, acuicultores e propietarios forestais.

Este documento constitúe unha valiosa información para todos aqueles produtores que queiran coñecer a estrutura, composición e función das diferentes entidades que participan no Sistema, así como as condicións para asegurar as súas producións no ano 2019.

A Guía do Seguro Agrario para o ano 2019 pode consultarse a través da seguinte ligazón

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información