GandAgro premia unha aplicación informática de Lely para controlar a explotación

A aplicación Lely permite un control total da súa explotación dende o teléfono móbil. Mencións a Delagro e Coloquick.

Publicidade
GandAgro premia unha aplicación informática de Lely para controlar a explotación

Alfonso Rueda entregándolle o premio a representantes de Lely.

A aplicación informáatica T4C INHERD, do grupo Agrotec Entrecanales (Lely) recibiu esta tarde o primeiro premio á innovación tecnolóxica GandAgro Innova 2015.

Trátase dunha aplicación informática desenvolta para teléfonos móbiles intelixentes (Smartphones) que lle permite ao gandeiro ter un control total da súa explotación dende o teléfono móbil, en calquera momento e dende calquera lugar.

Unha parte da aplicación, FarmVisit, está desarrollada para os asesores da granxa e permítelles ter a información puntual da evolución da explotación.

Toda a información interna da granxa -animais, muxidos e máquinas- procésase e almacénase internamente a través do sistema T4C. Parte da información que xera a granxa é almacenada na nube Lely e é procesada e adaptada informáticamente para a aplicación T4C INHERD. Cando o gandeiro ou o asesor técnico executan o programa Lely T4C InHerd, reciben os datos da nube actualizados e procesados.

Mención a Delagro por unha ferramenta para mellorar a fertilización dos cultivos forraxeiros nas explotacións de vacún

Rueda entregándolle a Mención a DELAGRO.

Rueda entregándolle a Mención a DELAGRO.

A cooperativa de segundo grao Delagro recibiu unha mención de GandAgro Innova 2015 polo proxecto Profer, unha iniciativa que busca establecer as formulación de adubos compostos máis axeitados para os cultivos forraxeiros, tendo en conta o seu manexo nas explotacións de vacún.

As conclusións deste proxecto foron que as achegas de nitróxeno mineral deben estar supeditadas ás achegas de puríns; que en xeral os contidos de fósforo, e sobre todo de potasio, están por riba dos valores medios nas fincas das explotacións de vacún. Ademáis, detectouse unha carencia de calcio no chan e, especialmente, de magnesio. Por último, recoméndase que para facer unha fertilización racional e respectuosa co medio ambiente debe facerse á carta, é dicir, adaptada a cada parcela, tendo en conta exclusivamente o contido de nutrientes que mostran os análises de terras e as riquezas do adubo aportado.

Mención a un sistema para desconxelar o calostro e quentalo para os becerros

Por último, tamén recibiu unha mención especial Coloquick, comercializado por Frior. Trátase dun sistema para desconxelar o calostro e quentalo para darllo aos becerros. Está fabricado en Dinamarca pola empresa Calvex.

Sistema Coloquick.

O calostro conxélase nunhas bolsas específicas con capacidade para catro litros . Unha vez que a vaca paire, sácase do conxelador e en 15 minutos o calostro está listo para darllo ao becerro conservando todas as inmunoglobinas.

O problema de darlle os calostros é que normalmente tárdase demasiado e despois da primeira hora de vida o intestino do becerro xa non absorbe as inmunoglobinas. Ademáis ,se se ten conxelado e se desconxela cos medios convencionais a temperatura demasiado alta, mátanse as inmunoglobinas.

Todo isto é o que resolve Coloquick.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información