Galicia presentará en Madrid o seu museo da maquinaria agrícola

Publicidade
Galicia presentará en Madrid o seu museo da maquinaria agrícola
Data inicio: 30/10/2019
Data fin: 30/10/2019
Lugar: Calle de Guzmán el Bueno, 104, Madrid, España

O MUVICLA, o Museo vivo e integrado do campo e a locomoción agraria, recentemente inaugurado en Trasliste (Láncara-Lugo), presentarase o próximo 30 de outubro en Madrid.

A xornada de presentación celebrarase no Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de España. A asistencia é gratuíta previa confirmación no correo vazqueztrasliste@hotmail.com

En Trasliste, parroquia do municipio lucense de Láncara, o 24 de xuño de 2019 viu a luz unha iniciativa museística nova e innovadora de carácter familiar, encabezada por Marcos Vázquez Marey.

MUVICLA, o “Museo vivo e integrado do campo e a locomoción agraria”, é un museo integrado nunha casa de labranza tradicional galega, con máis de 200 anos antigüidade, onde se producen alimentos para o mercado e o autoconsumo. Neste sentido, o museo pretende ser a materialización do que unha casa de labranza pode achegar á cultura, o patrimonio, o medio ambiente, co obxectivo de difundir os valores, capacidades, coñecemento e calidade de vida que ofrece o mundo rural galego.

Máis información en http://muvicla.tourmake.me/

Programa da xornada de presentación do MUVICLA en Madrid:

programa muvicla museo madrid

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información