Funcionarios de Medio Rural advirten do desmantelamento e da privatización dos servizos públicos para o agro

Funcionarios de Medio Rural advirten do desmantelamento e da privatización dos servizos públicos para o agro

Asemblea constituínte da Asociación Profesional de Enxeñeiros Agrarios de Galicia (APENAGAL)

A Asociación Profesional de Enxeñeiros Agrarios de Galicia (APENAGAL) comenzou a súa andadura en febreiro de este ano 2018, co fin de visualizar a problemática deste colectivo. Xa conta na actualidade con máis de 100 asociados tendo a súa base laboral na Administración Autonómica de Galicia (Xunta de Galicia), básicamente na Consellería de Medio Rural, e ten como finalidade de achegar a sociedade tanto a súa experiencia, como as súas inquietudes e propostas co fin de contribuír a un agro con futuro.

Os Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e Enxeñeiros Agrónomos que forman parte da asociación ocupan postos de diversa índole: funcionarios de carreira, funcionarios interinos e persoal laboral, en Departamentos de Investigación Agraria, Centros de Formación Agraria, Oficinas Agrarias Comarcais, Servizos de Explotacións Agrarias, Infraestruturas Agrarias, Comercialización e Industrias Agrarias, e Fogga.

Este colectivo sufriu amortizacións de prazas nun nivel importante, a causa dos axustes que provocou o período de crise destes últimos anos, xunto a xubilacións de moitos compañeiros que procedían de antigos organismos moi vinculados con desenvolvemento rural, sirva como exemplo o persoal do Servizo de Extensión Agraria e Iryda.

Con moito peso na campo de actuación no medio rural, sitúanse as Oficinas Agrarias Comarcais, punto de encontro coas explotacións, os Centros de Formación Agraria e os Centros de Investigación Agrarios.

Críticas pola falta de persoal

Dende APENAGAL advirten de que a falta de persoal está a impactar moi negativamente no servizo que presta este colectivo. “Nos últimos tempos, a falta de persoal con moitas prazas vacantes sen cubrir, a falta de adecuación as novas tecnoloxías que se están a implantar no agro galego, a de actualización técnica, e escaseza de recursos, a desvinculación de programas de desenvolvemento rural por mor da maneira na que se realiza a programación e aplicación dos fondos da Unión Europea, a evolución desta xestión pública cara o sector privado, e incluso a implantación de novos modelos organizativos da administración (encomendas de xestión), teñen impactado entendemos de forma que moi negativa, no servizo público que este colectivo viña prestando”, aseguran.

Neste sentido, consideran necesario “dotar a estas oficinas de medios e organización axeitados as actuais demandas do sector agrario galego, con persoal formado e actualizado en coñecementos técnicos , legais e de socioloxía rural, que participen nos programas de desenvolvemento rural e en calquera iniciativa que teña que ver coa planificación agraria que afecte a súa área de actuación”.

“Non se entende -denuncian- que se financie formación para técnicos externos e se abandone a posta a punto do persoal da administración, que día a día encara as actuacións oficiais”.

“Estase a privatizar a formación pública e imparcial que ofrecía a Consellería de Medio Rural”

Así, lembran que “a relación destas Oficinas Agrarias Comarcais, como catalizador da formación e transferencia tecnolóxica, e a súa relación cos Centos de Formación e Centros de Investigación está a desaparecer, pasando a formación que se impartía dun modelo público, independente e imparcial a un modelo privado”. “Unha situación -advirten- que nos parece moi preocupante, porque semella ser un camiño sin volta atrás”

Como exemplos deste proceso de privatización lembran os cursos de aptitude empresarial agraria imprescindibles para o cumprimento da normativa para axudas de incorporacións de mozos as explotacións agrarias, ou os de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios imprescindibles para conseguir un uso sostible de ditos produtos fitosanitarios, con implicacións no cumprimento da condicionalidade, hixiene na produción agrícola, seguridade alimentaria, control de pragas de corentena e sanidade vexetal en xeral, prevención de riscos en explotación e incorporación de novas tecnoloxías e normativas que xorden a cotío.

Por outra banda, a asociación lembra que “as actuacións de desenvolvemento rural e a planificación a longo prazo, mais aló dos PDRs curtopracistas, tamén nos parecen esenciais”.

Neste sentido, APENAGAL considera que “debería existir un Plan/Programa Agrario, que fixara obxectivos nesta dirección e que contara coa experiencia acumulada por este colectivo que leva décadas actuando no rural de Galicia e que pode ser un instrumento de alto valor engadido, achegado pola Consellería de Medio Rural, para combater o preocupante fenómeno do despoboamento do rural en Galicia”.

Una idea sobre “Funcionarios de Medio Rural advirten do desmantelamento e da privatización dos servizos públicos para o agro

  1. Marina da Cortiña

    Que se poñan a facer PAC´s e dar servizos.
    Menos lairse, e máis traballar que o soldo o cobrades a fin de mes…
    E o que fai falta no rural, é que deixedes traballar á xente, e non mentalidade funcionarial do século XIX, nin andar perseguindo con Facenda a xubilados con naves abandonadas para meterlles o pau do IBI, ou Traballo para multar aos fillos que estudian e axudan o fin de semana por non estar dados de alta, nin utilizar drons e novas tecnoloxías única e exclusivamente para foderlle á vida á xente, e ver como descontades na PAC pu como multades, en vez de como se poden usar en cousas positivas.

    Máis mentalidade do século XXI, e menos do XIX, e menos funcionariado e máis emprendedores, agricultores, gandeiros, empresas e cooperativas….

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información