Fotos de Mazaricos, un concello que presume de ser gandeiro

Ata as 12 da noite deste venres poderanse votar as fotos que participan no IV Concurso Fotográfico Semana Gandeira 2018 de Mazaricos.

Esta iniciativa, promovida pola asociación EuSonMazaricos, pretende dar a coñecer e poñer en valor a actividade agrogandeira, o motor económico e de emprego deste municipio.

O xurado escollerá mañá as tres fotos gañadoras e a entrega de premios realizarase este sábado, 1 de decembro, ás 18:30 horas no recinto feiral da Picota.

Velaquí algunhas das fotos que participan no V Concurso Fotográfico Semana Gandeira 2018 de Mazaricos:

mazaricos_18_2 mazaricos_18_3 mazaricos_18_4 mazaricos_18_5 mazaricos_18_6

Consulta e vota aquí as fotos que se presentaron.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información