O Fondo Español de Garantía Agraria (Fega) acaba de facer público os importes provisionais das axudas asociadas para as explotacións de vacún de leite , que ascende a 123 €/animal para as explotacións situadas na rexión España Peninsular e en 138 €/animal para as explotacións situadas na rexión Insular e Zonas Montaña.
A dotación orzamentaria para a campaña 2018 ascende a 60.114.000 € para a rexión España Peninsular e 31.238.000 € para a rexión Insular e zonas de montaña.
O importe das axudas por animal en cada unha das dúas rexións establecidas concédese por estratos, de modo que as primeiras 75 cabezas dunha explotación recibirán o importe unitario completo, mentres que as vacas distintas das 75 primeiras da explotación percibirán un 50% da axuda asociada.
Para a campaña 2018, o número de animais determinados que cumpren os requisitos establecidos para percibir a axuda ascenden a 566.894 respecto da rexión España Peninsular e 244.989 en relación á rexión Insular e Zona de Montaña, segundo se desagrega a continuación por comunidades autónomas e así como en cada tramo de degresividade (os primeiros 75 animais elixibles da explotación, dos seguintes animais elixibles da explotación).
Desta forma, os importes unitarios provisionais quedan fixados en 126,94 €/animal para as explotacións situadas na rexión España Peninsular e en 140,96 €/animal para as explotacións situadas na rexión Insular e Zonas Montaña. A cantidade é lixeiramente superior á do ano pasado xa que diminuíu o número de animais manténdose o importe total das axudas.
Axuda por Dereitos Especiais
En canto a axuda por Dereitos Especiais a dotación orzamentaria é de 2.227.000 €. Para a campaña 2018, o número de animais determinados que cumpren os requisitos establecidos para percibir a axuda ascenden a 12978, segundo se desagrega a continuación por comunidades autónomas, o que supón que o importe unitario provisional quede fixado en 171,70 €/animal.
As comunidades autónomas poderán realizar o pago de anticipo antes do 1 de decembro de 2018 no caso desta axuda á vaca nutriz, que poderá alcanzar até o 50 % do pago total. Con posterioridade as comunidades autónomas comunicarán de novo ao FEGA, antes do 15 de marzo de 2019, o número total de animais determinados para o pago da axuda, con obxecto de poder calcular o importe unitario definitivo a aplicar, tanto aos pagos pendentes como aos pagos complementarios aos xa realizados con este importe unitario provisional.
Axuda asociada ás explotacións que manteñan vacas nutrices
Ademais, o Fega tamén publicou o importe unitario provisional da axuda asociada ás explotacións que manteñan vacas nutrices.
Estas axudas repartiranse entre un total de 2.021.513 animais que cumpriron os requisitos respecto da rexión España Peninsular, e 2.843 animais en relación á rexión Insular.
Os importes unitarios provisionais fixados son de de 91,83 €/animal para a rexión España Peninsular e 158,06 €/animal para a rexión Insular.
As comunidades autónomas poderán realizar o pago de anticipo antes do 1 de decembro de 2018 no caso desta axuda á vaca nutriz, que poderá alcanzar até o 50 % do pago total. Con posterioridade as comunidades autónomas comunicarán de novo ao FEGA, antes do 15 de marzo de 2019, o número total de animais determinados para o pago da axuda, con obxecto de poder calcular o importe unitario definitivo a aplicar, tanto aos pagos pendentes como aos pagos complementarios aos xa realizados con este importe unitario provisional.