A Festa da Caza do Xurés abordará os danos da fauna no agro e nas estradas

A Festa da Caza do Xurés abordará os danos da fauna no agro e nas estradas

Festa da caza do Xurés nunha anterior edición. / Arquivo.

A Asociación de Tecores do Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés ( Xurestec) ten previsto celebrar os días 11 e 12 de maio a “VII Festa Transfronteiriza da Caza do Xurés” na localidade portuguesa de Soajo (Arcos de Valdevez) e na localidade ourensá de Riocaldo (Lobios); centrada na cociña da carne de caza e nos conflitos orixinados polas especies de caza maior por danos agrícolas e accidentes de tráfico.

Programa

Sábado 11 – Maio

18:00 h. (19:00 h. hora española) – “ I showcooking transfronteirizo do Xurés”, organizado por Xurestc e o club deportivo de caza e pesca de Soajo. Impartido polos chefs locais Domingo González e Cristian Salgado cos seguintes pratos: Timbal de carne de xabaril do Xurés, “Kimuchi non moto” de laranxa de Ermelo, mouras silvestres e cebola richante. Cazola de xabaril con fabas de Lourenzá. Faixitas de paspallás afumado con labras de leña de oliveira de Soajo e vinagreta de granada. Meloso de arroz salvaxe integral con corzo e xabaril ao estilo do Xurés. Entrada gratuíta ata completar aforamento. Casa do Pobo de Soajo (Arcos de Valdevez).

20:00 h. (21:00 h. hora española) “ I Conferencia internacional de Presidentes de Sociedades de Cazadores da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês- Xurés ”. Casa do Pobo de Soajo (Arcos de Valdevez).

Domingo 12 – Maio

– Xornada organizada por Xurestec e Unitega. No Hotel Balneario Lobios Caldaria, Riocaldo. Salón de Actos Antonino.

11:30 h. – Mesa redonda e coloquio sobre os danos do xabaril na agricultura, a cargo de: D. Xosé Anxo Pérez Rúa, Técnico do Sindicato Labrego Galego. D. Christian López Carmona, Presidente da Sociedade de Cazadores Os Castros e Vogal de Unitega. Un representante do Servizo de Conservación da Natureza de Ourense.

13:00 h. – Mesa redonda e coloquio sobre os accidentes de tráfico provocados polas especies cinexéticas, a cargo de: D. Fernando Alañón Olmedo, Maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. D. David Llorente Rey, Xefe Provincial de Tráfico de Ourense. D. Anxo Rafael Rodríguez García, Capitán da Garda Civil de Tráfico de Ourense. D. Antonio Mota Mogrobejo, Secretario de Unitega.

14:30 h. – Acto de clausura polas autoridades.

– Xornada gastronómica ás 14:45 h. No Restaurante Vía Nova, Hotel Balneario Lobios Caldaria, Riocaldo.

Menú degustación a base dos seguintes pratos:

– Timbal de carne de corzo do Xurés, con “ Kimuchi non moto” de mazá e mango.

– Xabaril á Bordelesa con castañas dos soutos de San Paio e cogomelos dos bosques da Baixa – Limia e fabas de Lourenzá.

– Arroz caldoso de corzo ao estilo do Xurés.

– Cristal de “letría castrexa”, con cordón de toffee de castañas e café verde, xeado de “sopas de burro canso” e petazetas de chocolate.

Pan, auga, refrescos, viño (branco e tinto) e café. Entrada: 17 €. Aforamento limitado a 300 persoas.

Durante a xornada gastronómica faranse varios sorteos entre os asistentes. Compra anticipada de entradas ata o 10 de Maio nos seguintes establecementos: Bar Frayma (Lobios), Bar Cubano (Lobios), Bar Chispas (Lobios), Bar Emy (San Paio), Bar Metz ( Bande), Bar Entrimeña (Entrimo), Café Bar Taxí (Calvos de Randín), Café Bar Ciguañeira (Calvos de Randin), Bar O Esquinazo (Bande) e Bar O Cruceiro (Guntumil). Teléfono de contacto: 696 605 787

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información