A Feira Rural de San Sadurniño reunirá este sábado a preto de 100 postos de produtos do campo

A Feira Rural de San Sadurniño reunirá este sábado a preto de 100 postos de produtos do campo

Cerca dun cento de expositores reuniranse este sábado na XI Feira Rural de San Sadurniño.  A feira comezará sobre as 10 da mañá ofertando moito e variado en alimentación fresca e transformada e tamén en artesanía, segunda man, planta e maquinaria. Ademais, as propostas comerciais estarán apoiadas con actividades paralelas, como o concurso de froita, os obradoiros para a rapazada, as degustacións e catas, as visitas guiadas e as exhibicións de aves rapaces e do Can de Palleiro.

A feira distribuirase en catro zonas, como en anos anteriores: a mostra do concurso da froita e parte da comercialización agroalimentaria irán baixo a carpa principal, as degustacións e obradoiros contarán con espazos cubertos diante da carpa, a artesanía e maila segunda man -e tamén outros postos de alimento e planta- disporanse nas beiras dos sendeiros e, por último, os campos entre camiños quedarán para expor maquinaria e as cociñas solares dos Picos do Sol, así como para as actividades de cetraría e da raza Can de Palleiro.

PROGRAMA DA XI FEIRA RURAL DE SAN SADURNIÑO


Leira da Cortiña, sábado 31 de agosto

10.00h. Apertura da feira e exposicións: Agroalimentación, Artesanía, Viveiros e 2ª man.

10.30 a 13.30h. Concurso da Froita Autóctona:
– Inscricións de lotes de froita para concurso. De 10.30 a 11.30h. 
Bases do concurso (.pdf)
– Fallo do concurso da froita. 13.00h.
– Entrega de Premios. 13.30h. (Agasallo dunha froiteira autóctona só por participar)
1º premio: Cesto de produtos ecolóxicos valorado en 100 euros
2º premio: Cesto de produtos ecolóxicos valorado en 75 euros
3º premio: Cesto de produtos ecolóxicos valorado en 50 euros

11.00h. Obradoiro de cosmética natural (maiores de 16 anos)

11.00 a 14.30h. Obradoiro infantil de cociña Chef Solar

11.30h. Primeira visita guiada á horta de froiteiras autóctonas con obradoiro de enxertado

12.00h. Exhibición de cetraría

12.00 a 13.00h. Cata-degustación de viño e sidra feitos no CFEA de Guísamo con uva Branca lexítima -característica da IXP Viños da Terra de Betanzos- e con mazás autóctonas. A proba acompañarase con petiscos de queixo. Os tíckets deben recollerse no posto do Concello

12.00 a 14.00h. Degustación de froita autóctona no Recuncho da froita

12.30h. Primeira visita guiada ao Colmear didáctico. (Inscrición no posto do Concello)

13.00h. Obradoiro infantil de elaboración de queixo

13.45h. Sorteo de cestos con produtos do país (carpa principal, os boletos entregaranse con cada compra)

16.30h. Obradoiro infantil de elaboración de queixo

17.00 a 19.00h. Degustación de froita autóctona no Recuncho da froita

17.00 a 19.00h. XI Concurso monográfico da Raza Can de Palleiro, con premios para os mellores exemplares nas categorías de cachorros, xuvenís e adultos. Información e inscricións aquí.

17.30h. Obradoiro infantil de cerámica

17.30h. Visita guiada á Horta de Froiteiras Autóctonas con obradoiro de poda de verán

18.00h. Obradoiro de xeoloxía: “Os tesouros minerais do proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal”

18.30h. Exhibición de cetraría

18.30h.  Visita guiada ao Colmear didáctico

19.00h. Obradoiro de cosmética natural (maiores de 16 anos)

19.45h. Segundo sorteo de produtos e lotes de froita autóctona

20.15h. Clausura da XI Feira Rural

Exposicións permanentes 10.30 a 20.00h.:
– Froita Autóctona da Asociación A.G.F.A. do Eume
– Apicultura da Asociación Casa do Mel de Goente
– Aves de cetraría
– Exemplares do Club da Raza Can de Palleiro
– Proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal

Actividades paralelas:
– 
Baixadas en canoa polo Río Xubia. De 11.00 a 14.30h. e de 15.30 a 19.00h.
– Durante toda a xornada, 
actuación dos grupos de música tradicional do Padroado da Cultura do Concello de Narón.

Expositor do Concello:
– Inscricións para visitas guiadas á Horta de Froiteiras e ao Colmear didáctico, así como para as baixadas en canoa e todos os obradoiros. Recollida de tíckets para as degustacións.
– Información turística e mostra sobre o Proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal.

Onde xantar?


A feira disporá cun posto de 
churrasco e polbo, aínda que tamén é moi boa opción acudir a algún dos restaurantes do concello: o Mesón A GranxaO Muíño do Pepe, Mesón O Ferrador, Parrillada Riboira (en Lamas), Os Cazadores (Santa Mariña do Monte)- e Casa Casal (Igrexafeita), aínda que convén reservar con tempo de antelación nos que quedan máis preto da feira. Outra opción é vir de merenda e aproveitar algún dos recunchos que ofrecen o paseo fluvial, os xardíns municipais, o contorno do Convento do Rosario ou a área recreativa dos Currás (ao pé da piscina).

Entre as actividades paralelas da feira hai que destacar o tradicional Concurso de Froita Autóctona organizado pola AGFA do Eume e mailo Concello. A recepción de lotes estará aberta de 10.30 a 11.30h. e o xurado fallará os tres premios sobre as 13.00h. A entrega dos galardóns está posta para as 13.30h., xusto antes do primeiro sorteo de agasallos dos dous que hai previstos durante a xornada.

Ao longo do día tamén están programadas  visitas á horta de conservación de froiteiras autóctonas Carlos Fornos: unha ás 11.30h. complementada cun obradoiro de enxertado e outra ás 17.30h. na que se verán exemplos de podas de verán. En relación co aproveitamento das castes tradicionais, a Feira Rural acollerá de 12 a 13.00h. unha cata-degustación de viño e sidra elaborados no CFEA de Guísamo con uva Branca lexítima -característica da IXP Viños da Terra de Betanzos- e con mazás autóctonas. A proba repetirase de 17 a 19.00h. e en ambos casos acompañarase con petiscos de queixo. Os tíckets hai que collelos no expositor do Concello. Ao mesmo tempo, no denominado “Recuncho da froita” poderanse saborear pezas de mazá, pera e outros froitos procedentes de variedades do país.

Outro dos itinerarios previstos é o que nos achegará ao colmear didáctico ás 12.30 e ás 18.30h. Pero hai máis. A iso das 18.00h. o xeólogo Fran Canosa dará unha charla sobre os minerais existentes no ámbito do Proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal; ás 13.00h. e 16.30h. desenvolverase o obradoiro infantil de elaboración de queixose, pechando a oferta de talleres, tamén teremos ás 11.00h. un obradoiro de cosmética natural para maiores de 16 anos e outro para a rapazada -17.30h.- de iniciación á cerámica.

A XI Feira Rural de San Sadurniño repetirá as exhibicións de cetraría que tanto éxito tiveron hai algúns anos. Poderemos ver as evolucións das rapinas ás 12.00h. e ás 18.30h. Durante a tarde -das 17.00 ás 19.00h.- a Cortiña tamén acollerá o concurso monográfico da Raza Can de Palleiro, con premios para os mellores exemplares nas categorías de cachorros, xuvenís e adultos.

Durante este día contaremos coa animación musical dos grupos tradicionais do Padroado da Cultura do Concello de Narón e, ademais, con cada compra que se faga entregaranse boletos para participar nos sorteos de lotes de produtos das 13.45 e das 19.45h.

Arredor de 200 participantes na marcha contra o cancro do domingo


A actividade ao pé do Xubia continuará o domingo co 
Sons na Cortiña, o festival de música e lecer para público familiar que arrancará ás 11.00h. cunha andaina solidaria organizada pola Asociación Brío e pola AECC. A marcha ten un trazado circular de 4 quilómetros con saída e chegada no entorno do festival. A participación ten un custe de 5€ para persoas maiores de 14 anos e de 3€ para menores desa idade. Ata o momento recolléronse nos establecementos colaboradores e na web rockthesport.com unhas 200 solicitudes, aínda que a organización agarda que o domingo pola mañá se supere amplamente esa cifra coas inscricións presenciais.

Á volta da camiñada, a Asociación Brío ofrecerá unha exhibición de hip-hop seguida dunha sesión vermú co grupo batukeiro da Asociación Concienciarte. Durante a tarde, das 15.00 ás 18.00h., organizaranse xogos tradicionais e populares, haberá un obradoiro de chapas e outro de circo e tamén se habilitará un circuito para coches de radiocontrol.

Da parte musical -das 17.30h. en diante- encargaranse Uxía Lambona e a Banda Molona e The Tetas Van

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información