A feira Cimag – Gandagro, con máis de 40 actividades no seu programa, arranca este xoves

O certame, que se desenvolve en Silleda do 21 ó 23 de febreiro, inclúe concursos de raza frisona, conferencias e demostracións

Publicidade
A feira Cimag – Gandagro, con máis de 40 actividades no seu programa, arranca este xoves

Máis de corenta conferencias, concursos, demostracións e presentacións conformarán o programa da III Feira Profesional de Maquinaria e Gandería Cimag-GandAgro 2019, que se celebrará do 21 ao 23 de febreiro en Silleda, no recinto da Semana Verde.

Os concursos morfolóxicos de gando frisón serán un dos puntos fortes do certame, coa participación finalmente de 166 ganderías de Galicia, Asturias, Cantabria, Cataluña e Portugal. Desenvolveranse o XXXV Open Internacional e o XXVIII Autonómico da Raza Frisona.

De xeito paralelo, tamén se celebrarán o XI Concurso Internacional de Preparadores de Gando e o XXXIV Concurso de Xóvenes Manexadores.

No tocante ás xornadas técnicas, haberá actividades para a maioría dos sectores gandeiros. En vacún, celebraranse conferencias en cuestións como a separación de xurros e o aproveitamento da súa fracción sólida para camas de vacún hixienizadas, as técnicas de picado de forraxe e acondicionado de millo para ensilado ou a agricultura de precisión.

O sector porcino contará co XXIII Monográfico, organizado pola Agrupación de Defensa Sanitaria de Silleda e tamén haberá unha xornada específica para o sector cunícola e unha charla sobre aforro enerxético na climatización das naves avícolas.

Para os agricultores mozos, celebrarase unha xornada informativa sobre axudas e formación. O programa complétase con actividades como unha demostración de encintado de bolos, unha presentación das razas fleckvieh e pardo alpina ou actividades lúdicas, como a realización de esculturas de madeira en motoserra.

Máis información

Programa completo de Cimag – Gandagro 2019.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información