A feira agrogandeira Abanca Cimag-GandAgro será do 21 ao 23 de febreiro de 2019

A feira agrogandeira Abanca Cimag-GandAgro será do 21 ao 23 de febreiro de 2019

A III Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag- GandAgro, celebrarase do 21 ao 23 de febreiro de 2019. Así o decidiu o seu Comité Organizador nunha reunión mantida esta mañá na Feira Internacional de Galicia ABANCA, onde terá lugar o certame.

No encontro tamén se abordaron outros aspectos, como a comercialización da feira e a súa promoción. Ademais, déronse a coñecer distintas melloras que terá o certame respecto da última convocatoria, tanto referentes á aplicación de determinados descontos sobre as tarifas como ás realizadas nos propios pavillóns, entre elas en iluminación, climatización, cubertas ou a recente creación de salas que permiten integrar as xornadas técnicas no evento.

O sector, que volveu mostrar o seu decidido respaldo a Abanca Cimag- GandAgro, estivo representado nesta nutrida reunión por máis dunha vintena de entidades, empresas e cooperativas con gran peso no ámbito agrogandeiro. Así, participaron a Federación Galega de Produtores de Porcino (FEGAPOR), Federación Frisona Galega (FEFRIGA), Asociación de Defensa Sanitaria de Porcino de Silleda, Cogal, Grupo Coren, Delagro, Aira, Nudesa, Farming Agrícola, Ausama, Maxideza, Tecnor Lalín Maquinaria, Maquinaria Agrícola del Noroeste, Delaval Equipos, Rosber, Agrotec Entrecanales, Gea Farm Technologies Iberia, Auto Avión, Agrícola Cacheda, Talleres Moga, Transmedia Comunicación e Prensa e a división Agro e Mar de ABANCA.

Edición 2017

A pasada edición de Abanca Cimag- GandAgro, celebrada en 2017 debido ao seu carácter bienal, reuniu do 26 ao 28 de xaneiro 392 firmas expositoras de 24 países, das cales 166 foron expositores directos de oito países. Estes procedían de dous países máis, mentres que a nivel nacional estas empresas foron de 13 Comunidades Autónomas, un 30% máis. Así pois, a feira reflectiu tanto unha expansión a nivel nacional en canto á procedencia dos expositores como un paso cara a adiante na súa internacionalización.

A feira ocupou unha superficie bruta que superou os 23.200 metros cadrados e neta de 9.965 metros cadrados. O seu programa contou con 40 propostas de gran interese para os profesionais do sector, como conferencias, presentacións e concursos tanto de innovación como morfolóxicos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información