Fademur organiza en Touro unha xornada sobre envellecemento activo no rural

Fademur organiza en Touro unha xornada sobre envellecemento activo no rural

Rosa Arcos, no centro, presidenta de Fademur

A Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia, (FADEMUR) organiza estes venres día 23 ás 20.00 horas, na casa da Cultura de Touro unha xornada informativa destinadas ás persoas que viven no medio rural de cara a facilitarlles recursos e ferramentas para un envellecemento activo, e para mellorar o coidado dos maiores ao seu cargo.

Dende a federación lembran que “un dos retos máis importantes que temos hoxe como sociedade, e especialmente no medio rural, é o de deseñar e implantar estratexias que melloren as condicións de vida dunha poboación cada vez máis envellecida, traballando polo tanto de xeito preventivo fomentando un envellecemento máis saudable, máis activo; para chegar á vellez con maior calidade de vida”.

Esta actividade enmárcase dentro do programa de Servizos Rurais de Proximidade que executa FADEMUR Galicia ao amparo do Programa de axudas para entidades de interese xeral, para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.

Estas accións tamén se están a desenvolver noutras comunidades como Cantabria, Castela A Mancha, Aragón, A Rioxa, Murcia, Baleares e Canarias. O obxectivo das accións é proporcionar orientación e apoio para avanzar na implantación dun proceso de envellecemento activo saudable, acorde coas expectativas das persoas, sobre todo en el medio rural.

Este programa de FADEMUR pretende, por unha banda, fixar poboación no rural, e por outro, crear servizos de proximidade en municipios onde non os hai, para favorecer tamén la conciliación de la vida persoal, laboral e familiar dos habitantes del medio rural.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información