As fábricas de pensos de Galicia fórmanse nos últimos avances en control de calidade de cereais

As fábricas de pensos de Galicia fórmanse nos últimos avances en control de calidade de cereais

Visita dos participantes ao Porto Exterior

Explicar como se debe facer unha mostraxe correcto dos graneis e analizar as tecnoloxías de última xeración e a súa aplicación nos procesos de control de calidade das materias primas foron os principais temas abordados na X Xornada para Responsables de Calidade das fábricas de pensos integradas no sistema gmp.Galis. A xornada, organizada pola Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (Agafac), reuniu este mércores na Coruña a medio cento de expertos do sector.

Dirixido especialmente aos responsables técnicos e de calidade das fábricas de penso de toda Galicia e a operadores integrados en gmp.Galis -o sistema de control de seguridade alimentaria creado por Agafac- o encontro, organizado en colaboración co Porto da Coruña e o patrocinio de FOSS, reuniu a case medio cento de representantes do sector no Edificio de Servizos de Apoio á Investigación da Universidade da Coruña (UDC).

As análises do futuro

O director xerente de Agafac-Galis, Bruno Beade, foi o encargado de abrir a xornada co relatorio “A mostraxe de graneis: a súa importancia na obtención de datos fidedignos”, mentres que a profesora do departamento de Produción Animal da Universidade de Córdoba Nieves Núñez abordou na súa intervención a tecnoloxía NIR ou de infravermello próximo, considerada para moitos expertos a técnica de control de análises rápidas do futuro. Na súa charla destacou, entre outras vantaxes desta tecnoloxía, a súa velocidade de resposta e o baixo custo por mostra, á vez que destacou que que se trata dunha “tecnoloxía limpa”.

Pola súa banda, o xefe da Unidade de Técnicas Cromatográficas dos Servizos de Apoio á Investigación da UDC, Gerardo Fernández, explicou o proceso analítico das materias primas e o cálculo de incerteza. O relatorio “Equipos para o control de materias primas e produtos terminados en almacéns e fábricas de pensos” impartida por Fernando López, de FOSS España, puxo o punto e final ao encontro. A xornada de traballo concluíu cunha visita dos participantes ao Porto Exterior, onde se realizan numerosos procesos de descargas e almacenaxe de graneis.

Sobre Agafac

A Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (Agafac), con sede na Coruña, é unha organización profesional creada para defender os dereitos dos fabricantes de pensos galegos. Forman parte da entidade 26 empresas con 35 centros de produción que representan máis do 85 por cento das toneladas de pensos producidos en Galicia. Coren, Clun o Xallas, todas as grandes firmas e cooperativas galegas, forman parte da asociación.

Agafac creou no ano 2005 un sistema de control conxunto, elevando así as esixencias e as garantías de todo o proceso da cadea, desde que o cereal descárgase no peirao ata que se recibe na fábrica. Este método chámase Sistema Galicia Alimentos Seguros, máis coñecido no sector como gmp. Galis, do que forman parte na actualidade un total de 54 fábricas galegas que representan o 94% da produción de pensos de toda a comunidade autónoma.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información