Este fin de semana celébrase MOEXMU 2015

A feira de Muimenta (Lugo) incluirá exposicións de maquinaria, concursos e poxas de gando Frisón e Concurso de Mozos Manexadores.

Este fin de semana celébrase MOEXMU 2015

Concurso de gando en Moexmu.

A XXXI Mostra Exposición de Muimenta – MOEXMU, será inaugurada oficialmente esta tarde.

O programa para o fin de semana inclúe as seguintes actividades.

Sábado 11: a apertura das instalacións será ás 09.00 horas para expositores e gandeiros e ás 10.00 horas para o público en xeral.

Ás 10.05 horas todos os presentes poderán visitar parte da exposición do Centro de Artesanía da Deputación Provincial de Lugo e ás 10.10 horas dará inicio o XXIX Concurso de Gando de Raza Frisona, coas seccións correspondentes a xatas e xovencas.

Ás 12.00 horas terá lugar a XVIII Poxa de Gando Selecto, organizada por AFRICOR-Lugo. Ás 15.00 horas haberá un pequeno descanso para xantar e a partir das 16.00 horas continuarase o citado concurso de gando, coas seccións e campionatos correspondentes ás vacas de leite.

Ás 21.00 horas pecharase o recinto.

Domingo 12: ás 09.30 abrirase o recinto para os expositores e gandeiros e ás 10.00 horas para o público xeral. Ás 11.00 horas celebrarase o Concurso de Novos Manexadores, o cal estará dividido en tres seccións:
– Sección 1: de 15 a 18 anos
– Sección 2: de 10 a 15 anos
– Sección 3: ata os 9 anos

Ás 11.30 horas terá lugar o Concurso de Manexadores Adultos, ás 13.00 horas realizarase  a entrega de premios aos participantes gañadores das diferentes seccións do concurso de gando, e ás 14.30 horas celebrarase a clausura oficial da XXXI Mostra Exposición de Muimenta.
O recinto pechará as súas portas ás 21.00 horas.

Historia:
A Feira de Mostras e Exposicións de Muimenta (MOEXMU), lévase celebrando dende o ano 1985 co principal obxectivo de potenciar un dos sectores económicos máis representativos da bisbarra e dar a coñecer as últimas innovacións tecnolóxicas existentes no sector agrogandeiro galego.

Podes descargar aquí o programa completo. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información