Escolares de Cervantes participan nas Xornadas de Apicultura da Deputación de Lugo

Escolares de Cervantes participan nas Xornadas de Apicultura da Deputación de Lugo

Escolares de Cervantes que participaron na xornada de apicultura organizada polo goberno da Deputación de Lugo

Preto de 30 alumnos de Primaria e Secundaria do CPI de Cervantes, acompañados dos seus profesores, participaron este mércores na Casa das Abellas de Abegondo, nas xornadas “A apicultura como actividade económica complementaria nos Ancares”, organizada pola Deputación de Lugo. Os estudantes, 19 alumnos de Secundaria e outros 7 de Primaria, puideron coñecer de primeira man as colmeas e os instrumentos do apicultor, así como a importancia desta actividade en Galicia.

A programación das Xornadas de Apicultura desenvolverase en catro sesións entre marzo e setembro, con desprazamentos a diferentes centros apícolas de Galicia. Logo desta xornada introdutoria á apicultura que vén de celebrarse en Abegondo, o alumnado participarán noutras tres sesións formativas, coas seguintes temáticas: iniciación á apicultura, o 20 de abril no Centro do Queixo e do Mel, en Arzúa; a apicultura de montaña, en Seoane do Courel, o 24 de maio. E finalmente, as xornadas pecharanse o 29 de setembro cos obradoiros prácticos de extracción de mel e catas, que terán lugar no CPI de Cervantes.

As Xornadas inclúen 25 prazas para o público en xeral, das que 12 xa foron reservadas. A inscrición é gratuíta e pode realizarase a través do correo electrónico ancareslucenses@deputacionlugo.org ou no teléfono 982-227-812.

Actividade emerxente

A iniciativa de organizar unhas xornadas sobre apicultura xurdiu na última reunión do órgano de participación da Reserva Biosfera os Ancares Lucenses, celebrada o pasado mes de decembro, a proposta do CPI de Cervantes e da ANPA do centro educativo. Desta iniciativa, beneficiaranse 19 alumnos de Secundaria e outros 7 de, acompañados de 4 profesores e do director do centro educativo.

Nos últimos anos, a apicultura nos Ancares está rexurdindo como actividade económica complementaria e cada vez máis xente nova se interesa por tomar o relevo dos antigos abelleiros. A importancia que ocupou esta actividade no pasado quedou reflectida na toponimia e nas múltiples construcións existentes para abrigar as colmeas dos ataques do oso.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información