¿En que comunidades soben e en cales baixan as solicitudes da PAC?

Fonte: FEGA

Fonte: FEGA

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) recibiu desde as comunidades autónomas un total de 711.669 solicitudes únicas de axudas directas da Política Agraria Común (PAC) -campaña 2018-, relativas a un total de 21,96 millóns de hectáreas de superficie, segundo publica desde este venres 27 este organismo na súa web.

Estes datos, aínda “provisionais”, son un 4,5 % inferiores respecto ao número de solicitudes para a campaña 2017 hai un ano (745.317), pero uns 2,73 % superiores en canto a superficie (21.354.900 ha).

Por comunidades autónomas, onde máis baixa o número de solicitudes é en Comunidade Valenciana (-13,46%), A Rioxa (-9,32%), País Vasco (-6,32%) e Galicia (-13,46%). Onde menos baixan os demandantes de axudas da PAC é en Cantabria (-0,51%) e en Andalucía (-2,22%).

Aumenta a superficie declarada

En canto á superficie declarada aumenta en algo máis de 600.000 hectáreas, en boa medida grazas a que este ano o regulamento Ómnibus abriu a posibilidade de que se declaren parcelas de pastos arbustivos, sen predominancia herbácea, unha opción especialmente útil para gandarías de ovino e caprino ou de vacún en extensivo.

Así, as Comunidades nas que máis aumenta a superficie declarada na PAC son Castela A Mancha (9,08%), Murcia (5,22%), Aragón (3,73%) e Cantabria (2,67%). Soamente reduciuse a superficie declarada na Rioxa (-0,98%) e na Comunidade Valenciana (-1,86%).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información