Desinfectantes e produtos de hixiene a partir da casca de castaña e restos forestais

O Proxecto Extractus, no que participan Proquideza, Bosques Naturales, Gefico e Posada Marrón Glacé, busca extraer compostos da casca de castaña e de restos de poda de nogueiras, cerdeiras ou castiñeiros para fabricar produtos desinfectantes e conservantes

Desinfectantes e produtos de hixiene a partir da casca de castaña e restos forestais

Taninos extraídos a partir de cáscaras de castaña e restos forestais

Substituír nos produtos de limpeza e nos conservantes os compostos químicos por produtos autóctonos de orixe natural e responsables a nivel ambiental, como son a casca de castaña ou os restos de poda de nogueiras, cerdeiras ou castiñeiros.

Este é o obxectivo do Proxecto Extractus, presentado este mércores en Lalín nas instalacións de Proquideza, un dos integrantes do mesmo xunto a Bosques Naturales, Gefico e Posada Marrón Glacé, así como dous centros de investigación galegos.

“Queremos ver a viabilidade de desenvolver produtos químicos de alto valor engadido, a partir de extractos fenólicos e esenciais de especies agroforestais autóctonas de Galicia, a nogueira ou o castiñeiro, entre outros, así como da casca de castaña, coa vocación de lanzar ao mercado produtos químicos naturais, funcionais e novos”, explicou Javier Polo, director xerente de Proquideza.

Precisamente, esta industria, especializada na fabricación de produtos desinfectantes de uso gandeiro, especialmente para o muxido, así como para a industria alimentaria e para uso doméstico, é unha das máis preocupadas por desenvolver este proxecto co obxectivo, en palabras de Javier Polo, de “sacar ao mercado produtos diferenciados, que mantendo a eficacia, sexan máis naturais e respectuosos co medioambiente”.

Pola súa banda, Posada Marron Glacé participa poñendo en valor e aproveitando os residuos de orixe natural, principalmente casca de castaña. A función de Bosques naturales, con 350 hectáreas de nogueiras, cerdeiras e outras especies autóctonas nos concellos coruñeses de Arzúa e de Boimorto, é a submistración de restos de podas, e Gefico colabora tratando os concentrados de tanino presentes na madeira e na casca de castaña na súa aplicación como antioxidante.

O obxectivo é sacar os produtos ao mercado en 2018

Segundo explicou Manuel Núñez, responsable de I+D de Proquideza e director do Proxecto Extractus, iniciado en febreiro de 2016, “nestes momentos estamos a estudar as propiedades dos compostos que se extraen das distintas madeiras, e xa realizamos probas dos diferentes taninos para levalas aos produtos”.

O obxectivo para este ano é “seguir avanzando na investigación para no 2018 ter definidos os produtos finais e a partir de aí abrir vías de negocio para a súa comercialización”. “Temos a seguridade de que conseguiremos desenvolver produtos desinfectantes con estes extractos naturais que sexan eficaces como os produtos químicos”, subliñou Manuel Núñez.

“Estamos seguros de que lograremos produtos desinfectantes eficaces con compostos naturais”

O Proxecto Extractus atópase dentro do programa de axudas Conecta-PEME 2015 para fomentar a cooperación entre as Pemes e co-financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). O volume de investimento neste proxecto rolda o millón de euros.

Extractos estraídos de la cáscara de castaña y de restos forestales

Extractos estraídos de la cáscara de castaña y de restos forestales

Ao evento asistiron os representantes de cada unha das pemes que conforman o consorcio e que participan de maneira activa no desenvolvemento desta nova investigación que lidera Proquideza. O acto contou con Javier Polo, director xeral de Proquideza; Manuel Núñez, responsable de I+D en Proquideza e responsable do proxecto Extractus; Ricardo Licea, técnico de Bosques Naturais en Galicia; Marta Herva directora de enxeñería en Gefico, e Marcos Guimarei, drector de calidade de Po¡sada Marron Glacé.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información