A Deputación de Lugo “sementa” o emprendemento no agro entre estudantes do IES de Becerreá

A Deputación de Lugo “sementa” o emprendemento no agro entre estudantes do IES de Becerreá

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, inaugurou este martes unha nova acción formativa do Campus de Emprendemento Sostible da Deputación de Lugo que tivo lugar no IES de Becerreá

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, inaugurou este martes unha nova acción formativa do Campus de Emprendemento Sostible da Deputación de Lugo que tivo lugar no IES de Becerreá coa fin de “sementar nas xeracións futuras o xérmolo do emprendemento e defender vivir no rural e do rural”, explicou.

López Izquierdo subliñou “a importancia de inculcar na xuventude o espírito emprendedor para que queiran levar a cabo iniciativas empresariais sostibles capaces de xerar riqueza na nosa provincia e, ao mesmo tempo, dispoñer de oportunidades para quedar a vivir no noso territorio, algo tan necesario para frear o despoboamento que está a padecer o rural”.

Un total de 15 alumnos do último curso da ESO, con idades de 15 a 16 anos, participaron nunha actividade formativa básica de emprendemento. A Deputada tamén apuntou que “nesta semana os mozos e mozas visitarán empresas lucenses de éxito no rural que están a aproveitar recursos de xeito sostible e que son bos exemplos de que o rural lucense ten moitas potencialidades”.

Visitas a empresas con iniciativas de negocio exitosas

O xoves 10 de xaneiro, terá lugar a parte práctica desta actividade formativa e os alumnos do IES de Becerreá visitarán tres empresas ecolóxicas da provincia para coñecer os seus modelos de negocio. En Palas de Rei visitarán a empresa Milhulloa, adicada ao cultivo de prantas medicinais e aromáticas, e tamén a empresa de ecoagroturismo Arqueixal, unha granxa familiar que produce leite fresca ecolóxica, queixos e iogures. A terceira visita será na Artesanía Calabazas Mago de Lugo (O Corgo) dun artesano lucense que deseña e elabora lámparas de calidade con cabazas.

Campus de Emprendemento Sostible

O Campus de Emprendemento Sostible é unha iniciativa pioneira da Deputación de Lugo coa cal estase a ofrecer formación e asesoramento gratuíto para xerar novas oportunidades no rural fomentando e impulsando o emprendemento na provincia.

Cos obradoiros de Motivación empresarial e de ideas os participantes coñecen o significado e a importancia de situar un negocio sostible na Reserva da Biosfera, a necesidade de crear novas fórmulas para emprender de maneira sustentable e de crear novas maneiras de producir respectando o medio natural da provincia.

Coa fin de axudar a novos emprendedores a coñecer a viabilidade dos seus proxectos, a Deputación tamén está a realizar obradoiros de Maduración de ideas empresariais nos que participan persoas con avanzadas ideas de negocio e que contan, ademais, con asesoramentos personalizados no ámbito técnico, económico, comercial ou medio ambiental cara a posta en marcha dos seus negocios.

500 participantes e 21 empresas creadas

Dende a posta en marcha desta iniciativa formativa e de asesoramento da Deputación para buscar novas oportunidades no rural, foron unhas 500 as persoas de todas as idades que recibiron esta formación de xeito totalmente gratuíto, creando 21 novas empresas na provincia.

A formación gratuíta ofertada polo Executivo Provincial a través destes Campus de Emprendemento Sostible permitiu, polo de agora, a creación de 21 novas empresas na provincia de Lugo: A horta da Sancoveiga (Vilalba); Esther Fernández Díaz (Ancares); Nenea, medrar creando (Lugo); Avogar (Lugo); Bico de Grao (Lugo); PK3 Ingenieros (Lugo); Marmeladas Acea de Olga (Lugo); WiseKid Summer Camp (Lugo); Mel Casa Príncipe (Cervantes); Explotación Extensiva de Gando Vacún (Sarria); Abadía (Mondoñedo); Bufarda Arquitectura (Monterroso); Esmorga Eventos (Mondoñedo); Galimós: A nosa granxa de galiñas de Mós (Outeiro de Rei); M3 Aguas (Lugo): ingeniería ambiental; Tu alicate, tenda online de ferramentas (Becerreá); Artesanía Calabazas Mago de Luz (O Corgo); Centro Shalom (Lugo); Caserío Meiroi (Navia de Suarna); Elexes, más que electricidad (Lugo); Hotel Os Ancares (Becerreá).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información