A Deputación de Lugo protexe as instalacións agrogandeiras na nova ordenanza de impostos

O Goberno Provincial ofrece aos veciños o pago en 12/24 meses, e ata un calendario propio no caso de ter dificultades económicas. Non se poderá proceder á poxa dunha vivenda habitual o dun inmoble no que se realicen actividades agrogandeiras cando a débeda sexa inferior aos 4.000 euros.

A Deputación de Lugo protexe as instalacións agrogandeiras na nova ordenanza de impostos

A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, da Deputación de Lugo, Mayra García Bermúdez

A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, da Deputación de Lugo, Mayra García Bermúdez, informou este mércores sobre a entrada en vigor da nova ordenanza de recadación, que elaborou o Goberno Provincial co obxectivo de “defender aos veciños e ofrecerlles facilidades en canto ao pago de impostos que establecen os Concellos en cumprimento das leis impostas polo Executivo Central no Ministerio de Facenda”.

Entre as novidades destaca que non se poderá proceder á poxa dunha vivenda habitual o dun inmoble no que se realicen actividades agrogandeiras cando a débeda en impostos municipais sexa inferior aos 4.000 euros.

García Bermúdez explicou que “elaboramos esta nova ordenanza tendo en conta o incremento de impostos municipais que levou a cabo o actual Goberno estatal, así como as posibilidades que temos dende este Goberno Provincial para axudar aos nosos veciños, pois 62 Concellos teñen delegada a recadación de impostos na Deputación porque non teñen medios humanos nin cartos para facelo”.

Neste sentido, o traballo da Deputación consiste na recadación destes impostos, que ingresan nas arcas municipais e que incluso adiantan con fondos propios desta institución para axudar os Concellos.

Melloras para os veciños

A Deputada explicou que a ordenanza de recadación en vigor contempla as seguintes medidas:

– Facilidades de pago: a través do fraccionamento do pago no IBI, IAE e o Imposto sobre Vehículos de tracción mecánica.

1) No caso de ter débedas inferiores aos 3.000 euros, esta poderá pagarse en 12 meses. Se a débeda é superior aos 3.000 euros, esta poderá aboarse en 24 meses.

2)Os cidadáns con dificultades económicas xustificadas, poderán solicitar un calendario provisional de pago.

3)Non se esixirá un aval bancario cando a débeda non supere os 30.000 euros, límite que estaba establecido ata o de agora nos 6.000 euros, supoñendo unha nova facilidade de pago e un aforro xa que o aval ten gravame.

– Limitacións para as poxas de bens inmobles: en relación ás poxas de vivendas habituais ou inmobles por actividades agrogandeiras, comerciais ou industriais, que se poden realizar se existe algún impago, o Goberno Provincial fixa que:

1)Non se procederá á poxa cando se traten de ben inmobles en xeral e as débedas sexan inferior aos 3.000 euros. Son preto de 24.000 persoas con débedas inferiores aos 3.000 euros, sumando máis de 7 millóns de euros.

2)Non se procederá á poxa dun ben inmoble aínda que a débeda sexa superior aos 4.000 euros cando os informes dos servizos sociais dos Concellos determinen que as persoas que acumulan estes impagos están nunha situación de precariedade ou exclusión social. Hoxe son 372 persoas na provincia que están nesta situación, e que teñen unha débeda de 4,3 millóns de euros.

3)Non se poderá proceder á poxa dunha vivenda habitual o dun inmoble no que se realicen actividades agrogandeiras cando a débeda sexa inferior aos 4.000 euros. Na nosa provincia contamos con máis de 24.000 persoas con débedas inferiores aos 4.000 euros, sumando 7,6 millóns de euros.

4)No caso de existir débedas, estas poderán liquidarse coas novas facilidades no pago das mesmas.

Melloras para os Concellos

O Goberno Provincial tamén levou a cabo mellora no servizo de recadación, que afectan directamente aos Concellos, pois aforran máis custos e ganan liquidez. Son:

1. Redución na retención pola recadación, pasando do 3% ao 1%. Isto supón un aforro para os 62 Concellos superior aos 700.000 euros.

2. Adiántanse aos Concellos mes a mes a recadación de impostos anuais. Isto implica unha inxección mensual nas arcas municipais destes 62 Concellos por parte do Goberno Provincial de 3,3 millóns. Suman 40 millóns ao ano. Permite aos municipios obter unha maior liquidez.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información