A Deputación de Lugo contribuíu a recuperar 2.000 hectáreas de terras abandonadas para a produción agrogandeira

Publicidade
A Deputación de Lugo contribuíu a recuperar 2.000 hectáreas de terras abandonadas para a produción agrogandeira

Terras agrícolas na Pontenova (Lugo), recuperadas do abandono

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a xustificación de 9 subvencións por un valor conxunto de preto de 25.000 euros concedidas ao abeiro do Plan de Recuperación e Incorporación de Terras para a posta en Produción de Recursos Gandeiros.

Con esta edición do programa, froito do compromiso da Deputación coa xeración de riqueza e emprego no rural potenciando o sector agrogandeiro, recuperaranse preto de 400 hectáreas de terras abandonadas na provincia para poñelas en produción.

A voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, subliñou que este é “un programa pioneiro nunha administración pública galega, que a Deputación puxo en funcionamento no ano 2014 e co que seguimos traballando, dende esa convocatoria ata o día de hoxe os agricultores e gandeiros lucenses puxeron en produción máis 2.000 hectáreas de terreos baldíos na provincia”.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información