Denuncian que a Xunta desmantela a Oficina Agraria Comarcal de Lugo

A Xunta de Persoal Funcionario da Xunta de Galicia na provincia de Lugo ven de enviar unha carta ao conselleiro do Medio Rural, ao director xeral da Función Pública e ao delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo para esixirlles que se dote de forma urxente á Oficina Agraria Comarcal de Lugo do persoal que por diferentes causas foi cesando e que aínda non foi substituído.

Como mostra da importancia desta oficina, lembran que atenden a 6 concellos (Lugo, Portomarín, Guntín, O Corgo, Outeiro de Rei e Rábade), con 7321 explotacións agrícolas, das que 694 son prioritarias; de forma que nesta oficina agraria reciben ao ano a máis de 6.000 persoas, xestionan máis de 1.500 expedientes e uns 5 millóns de euros en axudas públicas.

Sen embargo, dende xuño de 2018 a OAC de Lugo só está atendida por 1 técnico e un administrativo, xa que a Consellería de Medio Rural non cubriu os postos dos 2 técnicos e 1 administrativo que cesaron. “Esta situación de falta de persoal está causando graves perdas ao sector agrario na área de Lugo ante a falta de efectivos para facerse cargo do traballo e que dá lugar ao retraso nas certificacións e trámites administrativos”, denuncian dende a Xunta de Persoal.

Ademais, lembran que “a cobertura destes postos que están recollidos na relación de postos da Xunta e ,polo tanto, dotados orzamentariamente”. “Que non se cubran atende a unha política activa de abandono do medio rural galego. Esta consideración vén dada polas probadas mostras de desmantelamento dos servizos públicos no medio rural e que afecta directamente á estrutura periférica das oficinas agrarias comarcais”, advirten dende a Xunta de Persoal.

Velaquí o escrito remitido á Xunta de Galicia:

OAC LUGO 1 OAC LUGO 2

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información