Dende este martes pódense presentar as solicitudes para as axudas do Leader

As persoas interesadas nas axudas do Plan Leader que xestionan os Grupos de Desenvolvemento Rural (Gdr) poden presentar dende mañá martes as súas solicitudes. A convocatoria está dotada con 21,1 millóns de euros para os anos 2017 e 2018

Dende este martes pódense presentar as solicitudes para as axudas do Leader

As axudas do Leader deberían destinarse a investimentos produtivos no rural, como queixerías

A partir de mañá, martes, día 31, poderán presentarse xa as solicitudes das axudas europeas do Leader que serán xestionadas polos diferentes grupos de desenvolvemento rural (GDR). O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou hoxe a convocatoria destas subvencións para as anualidades 2017 e 2018.

En total, está prevista unha achega de 21,15 millóns de euros nestes dous anos, a razón de 13,52 millóns de euros en 2017 e outros 7,63 millóns en 2018. Estas achegas están cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

O prazo de presentación será de, como mínimo, un mes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, como mínimo, e iniciarase este martes, permanecendo aberto durante todo o período de execución da medida Leader, coa data límite que determine cada un dos 24 grupos en función da dispoñibilidade de fondos. A distribución por GDR aparece publicada, como anexo, na convocatoria do DOG.

Distribución por GDR para o financiamento da submedida 19.2 de Leader
(apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local) Convocatoria 2017-2018

Número e nome do GDR

Anualidade 2017

Anualidade 2018

Suma de anualidades 2017 e 2018

GDR 01: Terras de Miranda

563.337,58

278.567,66

841.905,24

GDR 02: Terra Chá

563.337,58

370.536,91

933.874,49

GDR 03: Montes e Vales Orientais

563.337,58

431.381,93

994.719,51

GDR 04: Comarca de Lugo

563.337,58

283.041,43

846.379,01

GDR 05: Miño Ulla

563.337,58

324.698,13

888.035,71

GDR 06: Ribeira Sacra

563.337,58

406.098,17

969.435,75

GDR 07: Valdeorras

563.337,58

330.137,56

893.475,14

GDR 08: Sil Bibei Navea

563.337,58

420.721,75

984.059,33

GDR 09: Monteval

563.337,58

319.860,05

883.197,63

GDR 10: A Limia Arnoia

563.337,58

354.628,64

917.966,22

GDR 11: Adercou

563.337,58

283.041,43

846.379,01

GDR 12: O Carballiño-O Ribeiro

563.337,58

301.819,75

865.157,33

GDR 13: Condado Paradanta

563.337,58

278.567,66

841.905,24

GDR 14: Baixo Miño

563.337,58

281.702,08

845.039,66

GDR 15: Pontevedra-O Morrazo

563.337,58

291.323,57

854.661,15

GDR 16: Pontevedra Norte

563.337,58

343.968,46

907.306,04

GDR 17: O Salnés-Ulla-Umia

563.337,58

278.567,66

841.905,24

GDR 18: Deloa

563.337,58

278.567,66

841.905,24

GDR 19: Terras de Compostela

563.337,58

278.567,66

841.905,24

GDR 20: Ulla-Tambre-Mandeo

563.337,58

302.339,09

865.676,67

GDR 21: Ordes

563.337,58

279.816,05

843.153,63

GDR 22: Costa da Morte

563.337,58

315.295,31

878.632,89

GDR 23: Mariñas Betanzos

563.337,58

292.662,93

856.000,51

GDR 24: Seitura 22

563.337,66

304.088,46

867.426,12

Importes totais

13.520.102

7.630.000

21.150.102

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, destacou a importancia destas axudas, que –sinalou– suporán a inxección de 84 millóns de euros para o agro galego ata o final do período de vixencia (ata o 2020). Ademais, lembrou o enfoque Leader de “abaixo cara arriba”, que garante a participación dos axentes locais no deseño e execución das estratexias de desenvolvemento rural e que se plasma na xestión que levan a cabo os GDR.

Enlace á resolución de convocatoria das axudas no DOG

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información