Delagro incrementa un 7,25% a súa facturación ata os 165 millóns de euros

Delagro incrementa un 7,25% a súa facturación ata os 165 millóns de euros

Asemblea xerral de Delagro

A cooperativa de segundo grao DELAGRO S. COOP. celebrou este xoves a décimo sexta edición da súa Asemblea Xeral nas Pontes (A Coruña). Os datos expostos reflicten que a cooperativa cumpriu cos principais parámetros económicos previstos obtendo un beneficio superior ao obxectivo fixado e logrando un retorno a socios de 1,65 millóns de euros.

As vendas totais alcanzaron os 165,3 millóns de euros. Delagro medra no seu volume de comercialización 11,18 millóns de euros, un 7,25%. Así mesmo, creceu en vendas a terceiros.

A Asemblea aprobou, por unanimidade, os orzamentos xerais para 2018. A cifra de negocio increméntase en máis de 25 millóns de euros, debido ao “optimismo reinante” entre os socios, especialmente coa implicación de Clun e Aira na actividade cooperativizada de Delagro.

Crecemento

O tres unidades de negocio: Alimentación Animal, Subministracións e Mercarural. superaron os datos previstos. Destacan os datos de fertilizantes, para os que foi un ano marca comercializándose 5.500 toneladas máis que o ano anterior. Tamén destaca o aumento, en case un 43%, da semente de millo. Os combustibles, pola súa banda, superaron a cifra de venda do ano anterior en máis dun 9%.

Por outra banda, en 2017 Delagro someteuse a unha enquisa de satisfacción logrando unha boa valoración por parte dos seus socios. Tamén superou satisfactoriamente un Informe de Auditoría.

Actualmente, Delagro está conformada por 30 socios que aglutinan 50 cooperativas e 91 delegacións en Asturias, Cantabria e Galicia, o que se traduce en 26.000 familias tras este proxecto. A cifra de negocios total que manexan as entidades socias de Delagro supera os 555 millóns de euros e proporcionan 1.100 empregos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información