Curso sobre márketing e comercialización no sector agroalimentario

Curso sobre márketing e comercialización no sector agroalimentario

Mercado de venda directa

A Asociación Mariñas-Betanzos, entidade xestora da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, organiza un Curso sobre “Marketing e diferenciación, acceso a mercados, etiquetado, envasado e cooperativismo no sector agroalimentario”, que se desenvolverá na sede da Fundación Juana de Vega (San Pedro de Nós – Oleiros), desde o luns 19 ao venres 23 de setembro, en horario de mañán.

Este curso está dirixido a emprendedores, produtores agroalimentarios e demais persoas interesadas en:
-Coñecer as novas ferramentas do marketing online e de comercialización no ámbito agroalimentario.
-Novas tendencias de deseño e presentación de etiquetas e envases para as producións agroalimentarias.
-Coñecer e aprender das experiencias de éxito e innovadoras no ámbito da produción e comercialización agroalimentaria.
-Coñecer as oportunidades que presenta o emprendemento a través da fórmula cooperativa.

No marco desta actividade, o mércores 28 de Setembro haberá unha visita a Finca O Cabillón (Fundación Edes), en Tapia de Casariego (Asturias), para coñecer unha experiencia singular de produción e comercialización de produtos ecolóxicos a través das canles curtas.

O prazo para inscribirse remata o Xoves 15 de Setembro, ás 15.00 horas.

Se estás interesad@ en participar, tes que enviar un correo-e a info@marinasbetanzos.org ​(con copia a diego.miranda.b@gmail.com​), ​ou tamén podes chamar ao teléfono 981 669 541. (indícanos o teu nome e apelidos, nº dni, e si vas a participar na visita, no curso ou ambos). O curso é de balde pero hai límite de prazas.

Para o desenvolvemento do curso recomendamos que traias o teu ordenador portátil ou tablet.

Descarga aquí o programa do curso. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información