Curso on-line sobre condicionalidade das axudas da PAC

Está dirixido a formadores e técnicos das diferentes administracións, así como de Organizacións Profesionais Agrarias, Cooperativas e Asociacións do medio rural, Grupos de Desenvolvemento Rural e titulados universitarios que traballan no asesoramento de explotacións agrarias, orientado á condicionalidade das axudas directas da PAC.

Curso on-line sobre condicionalidade das axudas da PAC

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio programou un curso on-line para asesores de explotacións agrarias, que se celebrase durante o mes de xuño e terá unha duración de cincuenta horas.

O seu obxectivo é actualizar os coñecementos de formadores e técnicos, para que poidan apoiar os agricultores e gandeiros no cumprimento dos requisitos esixidos na normativa comunitaria e española, para a aplicación da condicionalidade das axudas directas da PAC. Tamén ten como finalidade proporcionar formación metodolóxica aos participantes para aumentar a súa eficacia como asesores de explotacións agrarias.

Está dirixido a formadores e técnicos das diferentes administracións, así como de Organizacións Profesionais Agrarias, Cooperativas e Asociacións do medio rural, Grupos de Desenvolvemento Rural e titulados universitarios que traballan no asesoramento de explotacións agrarias, orientado á condicionalidade das axudas directas da PAC.

O programa contempla, entre outras materias, a reforma da PAC no marco das axudas directas: implementación e xestión; os servizos de asesoramento de explotacións agrarias e a PAC 2014-2020; as explotacións forestais no período 2014-2020; o Plan de acción nacional para o uso sostible dos produtos fitosanitario ou a titularidade compartida das mulleres nas explotacións agrarias.

Tamén se abordará a innovación no medio rural e na nova PAC; fertilización nunha agricultura sostible, a Rede Natura 2000 ou a sanidade, seguridade e benestar animal.
Ao longo do curso analizaranse as normas relativas á seguridade laboral na Unión Europea, así como o programa Nacional e autonómico de Desenvolvemento Rural, os custos de produción ou as redes sociais.

O Ministerio dispoñerá dunha plataforma web de apoio ao curso con videoconferencias, documentación e foros de traballo.

Podes acceder á ficha de inscripción e ao programa nesta ligazón. 

Coordinación do curso: Miguel Angel Mena Garrido, Subdirección General de Modernización de Explotaciones Email: mamena@magrama.es Telefono: 91 347 37 22

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información