Curso de xestión de persoal no sector agrogandeiro

O vindeiro 26 de xuño celebrarase en Lugo un curso de formación de “Xestión de persoal dentro das empresas do sector agrícola–gandeiro e industrias alimentarias”.

O curso será impartido pola veterinaria Yolanda Trillo Dono, de Líderes en Bienestar, unha empresa cunha ampla experiencia en formación para xestionar traballadores asalariados dentro das granxas.

Impartirase no Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) en horario de 16:00h a 21:00h. O curso está dirixido a técnicos de gandería, xerentes, encargados de persoal e asesores dos sectores agrícola, gandeiro e industria alimentaria.

A metodoloxía que se seguirá será unha sesión dinámica en grupo mediante resolución de casos prácticos.

Solicitar participación enviando un e-mail a lideresenbienestar@gmail.com.
Máximo 10 asistentes por orde de recepción das inscricións. O prezo do curso é de 60 euros/persoa

Programa:

1) ¿Es o líder da túa empresa?
2) ¿Como lideras a túa empresa?
3) Estrutura do equipo de traballo: Organización e coordinación de equipos.
4) ¿Como seleccionar o perfil de persoal que necesito?
5) Posicionamento do líder co equipo de traballo
6) Motivación do persoal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información