Curso de elaboración de derivados lácteos distintos do queixo

Curso de elaboración de derivados lácteos distintos do queixo

Iogur de Gurgur, unha das empresas que se visitarán no curso.

O GDR Ulla Tambre Mandeo organiza un Curso de Elaboración de Derivados Lácteos Distintos do Queixo. Dará comezo o día 26 de febreiro no concello coruñés de Touro e nel impartirase formación teórica e práctica para elaborar nata, manteiga, kéfir, batidos, crema tipo petit suisse, requeixo….

Para inscribirse hai que chamar ó GDR: 981 511 377 ou ben escribir un correo electrónico a leader@gdrullatambremandeo.gal

Velaquí o programa:
1º día (4h): 16:00 – 20:00. Aula Concello Touro.
– Introdución do Curso, presentación dos compañeiros, repartición información ou carpeta con material adxunto (30 min)
– Leite: composición, química (graxa, azucres…), microbioloxía (bacterias, fungos, lévedos, fagos…) (1 hora)
– Recollida/Recepción: tratamentos (térmicos e físicos), equipos e instalación, control dos procesos, limpezas (1 hora)
– Leite cru, leite pasteurizado, leite UHT (1 hora)
– Preguntas e dúbidas (30 min)

2º día (5 h): 15:30-20:30. Gurgur e Aula Concello Touro.
– Visita instalacións David, pasteurización leite, fermentación iogur* (OLLO iniciala nada máis chegar (2 horas)
– Teoría iogur e leites fermentados: tecnoloxía e tipos de iogur firme, batido, líquido (2 horas)
– Volta a Gurgur para ver produto final e envasado (1 hora)

3º día (4 h): 16:00-20:00. Aula Concello Touro.
– Desnatado do leite: composición nata, tipos de nata, formas de desnatado (1 hora)
– Nata ácida, manteiga: composición, procesos (1 hora)
– Requeixo: composición, diferencias requeixo-requesón (1 hora)
– Inicio fabricación requeixo (1 hora)

4º día (5 h): 15:30-20:30. Laboratorio Lácteo Galego
– Elaboración de leites fermentados e kéfir a partir de leite UHT (1 hora)
– Elaboración de nata e crema ácida (1 hora)
– Elaboración de manteiga a partir de nata (1 hora)
– Elaboración de requeixo (1 hora)
– Produtos finais (1 hora)

5º día (4 h): 16:00-20:00. Aula Concello Touro.
– APPCC: definición e principios sistema APPCC e Puntos de Control Crítico (1 hora)
– Perigos alimentarios: biolóxicos, químicos, físicos (1 hora)
– Limpeza e Desinfección: contaminación cruzada, hixiene persoal, boas prácticas, saúde laboral (1 hora)
– Produción Sostible de alimentos (1 hora)

6º día (5 h): 15:30-20:30. Laboratorio Lácteo Galego
– Teoría e explicación de protocolos.
– Prácticas laboratorio:
 Determinación contido materia graxa en leite enteiro, desnatada, nata, soro, iogur, queixo…
 Determinación acidez e pH.
 Determinación densidade do leite.
 Determinación estabilidade do leite.
 Determinación ES
 Microbiolóxicos: aerobios, coliformes/E. coli, mohos/levaduras, Staphelococcus…
 Test antibióticos en leite: rápido e lento, aflatoxinas, quinolonas…

7º día (5 h): 15:30-20:30. Aula Concello Touro.
– Vida útil e análise sensorial (1 hora)
– Cata produtos lácteos (1 h 30 min)
– Técnicas de Vendas e Marketing (1 h 30 min)
– Comercialización del produto (1 hora)

8º día (8 h): Aula Produtos Lácteos.
– Visita Aula con práctica de natillas e petit suisse.

Para aquelas persoas asistentes ó curso que estean interesadas, tamén programarase, fóra xa das actividades do curso, unha xornada formativa na Aula de Produtos Lácteos de Lugo, da Universidade de Santiago. Se ben o curso é gratuíto, esta xornada de formación na Aula de Produtos Lácteos terá que ser aboada polos alumnos que queiran asistir, sendo o GDR un mero intermediario para a organización da xornada.

TOURO_CURSO_LACTEOS

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información