Critican as sancións de Facenda ás colaboracións familiares nas colleitas de patacas e uvas

Unións Agrarias considera inxustificable estas accións, que achaca a un afán recaudatorio. A organización levará unha proposta ó Congreso para modificar o réxime de colaboración familiar no ámbito laboral

Critican as sancións de Facenda ás colaboracións familiares nas colleitas de patacas e uvas

Unións cuestiona as inspeccións na vendima ourensá.

Produtores galegos de uvas e patacas atópanse de cando en cando con inspeccións de Facenda que elevan propostas de sanción contra as colaboracións familiares nas colleitas. O caso é denunciado por Unións Agrarias, que considera “inxustificable” o comportamento dos funcionarios de Facenda, que acuden ás explotacións “escoltados pola Guardia Civil”, segundo asegura a organización agraria en nota de prensa.

Desde Unións entenden que unha práctica que se vén facendo desde sempre en Galicia, como é botarlle unha man a parentes ou veciños en intres puntuais e sen percibir ningunha renda por iso, non pode ser motivo de sanción. A organización agraria levará ó Congreso, a través de parlamentarios galegos, unha proposta de modificación do réxime de colaboración familiar no ámbito laboral, a fin de evitar “inspeccións esperpénticas que só responden a un afán recaudador”.

Problemas coas Administracións e a PAC
As denuncias por colaboracións familiares nas colleitas de uvas e patacas son o último episodio dos problemas do agro coas Administracións, segundo Unións. A organización enumera unha serie de conflictos que, ao seu entender, buscan baleirar as rendas dos produtores: o ‘catastrazo’ contra as naves gandeiras, a redución da bonificación do gasóleo agrícola e a campaña de requerimentos fiscais que se están a dictar contra explotacións gandeiras de Galicia.

Sobre esta última cuestión, Unións advirte de que tódolos produtores que fixeran cesións de dereitos do pago único da PAC estanse a ver sometidos a inspeccións. A organización entende que das inspeccións deberían estar excluídas as granxas onde non houbo intercambio económico nas cesións, por ser en moitos casos de pais a fillos,

“Estase obrigando aos produtores a realizar tramitacións, desprazamentos e perdas de tempo por non ter feito un traballo de selección, abrindo unha causa xeral contra a actividade económica no sector primario”, critican desde Unións en nota de prensa. A organización solicitou novamente unha reunión coa conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, para abordar estes e outros asuntos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información