Critican o colapso da Oficina Agraria de Teixeiro

Unións Agrarias advirte da falta de persoal suficiente, o que provoca retrasos nos expedientes e problemas na atención ó público

Publicidade
Critican o colapso da Oficina Agraria de Teixeiro

Feira de rubia galega en Curtis. / Arquivo.

Os problemas denunciados hai un días polo desmantelamento da Oficina Agraria Comarcal de Lugo son extensibles a outras comarcas, segundo Unións Agrarias, que vén de trasladar en nota de prensa o caso concreto da Oficina Agraria de Teixeiro (Curtis, A Coruña). A organización agraria advirte de que esta oficina carece de persoal suficiente, o que suscita constantes queixas entre os gandeiros polos retrasos na tramitación de expedientes e polos déficits na atención ó público.

Unións explica que cando un produtor se dirixe á Oficina Agraria de Teixeiro, atópaa ás veces coa porta pechada ou cun só funcionario, o que orixina importantes esperas ou mesmo que o produtor teña que volver outro día, cos conseguintes transtornos que esta situación xenera no traballo das granxas.

A organización agraria lembra ademais que eses días están en plena tramitación os plans de mellora das explotacións, de gran importancia nunha comarca gandeira como a de Curtis. “O sector gandeiro de leite e de vacún de carne é o motor económico da comarca, pero ten un funil administrativo na Oficina Agraria de Teixeiro, xa que a través dela hai que facer gran parte dos trámites burocráticos e técnicos que axudan a manter actualizados os libros e contas das explotacións, a tramitación de subvencións, inspeccións, certificacións, etc.”, relata Unións Agrarias.

A falta de pesoal na oficina de Teixeiro leva incluso a que os gandeiros corran ás veces o risco de non poder entregar a tempo toda a documentación precisa nos prazos establecidos, segundo Unións. A organización agraria demanda unha dotación de persoal para a Oficina acorde coa importancia gandeira da comarca.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información