Critican atrasos de 6 meses no pago de 90 millóns de euros en axudas ó sector agrario

Unións Agrarias demanda da Xunta solucións ó “caos no que se convertiu" a xestión de fondos do Plan de Desenvolvemento Rural (PDR), financiado nun 75% con fondos europeos

Publicidade
Critican atrasos de 6 meses no pago de 90 millóns de euros en axudas ó sector agrario

Unións Agrarias insta á Xunta a que resolva o “caos administrativo e de xestión” que está a levar á paralización do pago de axudas a explotacións agrarias e cooperativas. Trátase de máis de 90 millóns de euros que se lle adebedan aos solicitantes de diferentes liñas do Plan de Desenvolvemento Rural (PDR), que se levan sen cobrar dende o mes de novembro, o que en moitos casos supera os 180 días dende a certificación dos expedientes, segundo sinala a organización agraria.

Desde Unións sosteñen que o problema “evidencia unha grave falta de capacidade para a xestión dos fondos europeos na Consellería do Medio Rural, o que está a perxudicar seriamente a agricultores, gandeiros, cooperativas e mesmo autónomos do rural”.

En concreto, a organización sinala que os atrasos están a afectar aos pagos que se adebedan en medidas como a Incorporación de Mozos, os Plans de Mellora do Sector Lácteo, as medidas dos pagos Agroambientais e da Agricultura ecolóxica, ademais dos Grupos de Innovación, entre outros.

“Este retraso inédito nos pagos está a xerar problemas de financiamento nas explotacións e no circuito empresarial do rural galego, pois estanse a afrontar sobrecustes financieiros, retrasos de pagos a provedores, e mesmo hai regulación de emprego nos casos máis graves” -cuestiona Unións-. “Urxe que a Xunta poña orde neste caos de xestión e proceda a liquidar de inmediato as cantidades xa executadas e certificadas que se adebedan”.

A organización, por último, lembra que o Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020 ten un orzamento total de 1.186 millóns de euros para os 7 anos do período de programación da UE, dos cales o 75% son aportados pola propia UE, “actuando a Xunta como mera intermediaria na xestión dos fondos”.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información