Coren comezará en 2019 a cultivar cereal ecolóxico en Galicia para as súas producións gandeiras

Publicidade
Coren comezará en 2019 a cultivar cereal ecolóxico en Galicia para as súas producións gandeiras

Presentación do Plan de Investimentos Estratéxicos 2019 do Grupo COREN

Co obxectivo de reforzar o seu liderado no sector agroalimentario galego, o Grupo Coren pon en marcha o seu Plan de Investimentos Estratéxicos 2019. O plan foi presentado este mércores na sede da cooperativa polo presidente do Grupo Coren, Manuel Gómez-Franqueira, acompañado do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo.

O plan aséntase en tres alicerces: desenvolvemento de Centros de Procesado, creación de novos Centros Tecnolóxicos de Incubación e Selección Xenética, e impulso da agricultura ecolóxica.

Porá en marcha dous centros de incubación en Portamarín e Vilamarín

Así, no que respecta aos seus Centros de Procesado, Coren continuará en 2019 o plan acometido nos últimos anos de actualización permanente das súas plantas para mantelas como instalacións punteiras dotadas das últimas tecnoloxías. En concreto, os proxectos previstos en 2019 continuarán a mellora tecnolóxica dos seus Centros de Procesado Avícola, de Porcino e de Vacún, incorporando novas tecnoloxías 4.0 nas áreas de procesado, transformación e loxística.

Na mesma medida, Coren prevé pór en marcha o próximo ano novos Centros de Incubación e Selección Xenética en Avicultura, que lle permitirán dar resposta á crecente demanda e adaptarse ás necesidades específicas de cada un dos 55 mercados nos que está presente. En concreto, trátase do Centro Tecnolóxico de Incubación de Producións Campeiras de Portomarín; e o Centro Tecnolóxico de Incubación de Paviños de Sobreira, en Vilamarín.

Produción de trigo ecolóxico en Galicia

En paralelo, a cooperativa iniciará un proxecto agrario de produción ecolóxica creando unha división agrícola para o cultivo de trigo ecolóxico, que será destinado ao consumo das producións ecolóxicas de Coren.

Nesta liña, COREN informa de que asinouse o primeiro dos convenios previstos co Agader a través do Banco de Terras, polo que a cooperativa promove a recuperación de terreos agrarios en desuso, que comprometeu xa a rexeneración de 350 hectáreas no municipio de Cualedro.

Os proxectos promovidos polo Grupo Coren en 2019 suporán un investimento de 26 millóns de euros e levarán a xeración de 325 postos de traballo directos e con carácter estable na provincia de Ourense.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información