Convocado o IV Premio Jesús García Calvo de investigación en desenvolvemento rural

Convocado o IV Premio Jesús García Calvo de investigación en desenvolvemento rural

A Universidade de Santiago (USC) e a Fundación Feiraco convocan o IV Premio Jesús García Calvo de investigación en desenvolvemento rural e cooperativismo. O certame, que se desenvolve de xeito anual, oriéntase a premiar aqueles traballos de investigación que contribúan ao mellor coñecemento e desenvolvemento do medio rural e do cooperativismo en Galicia, co obxectivo último de mellorar as actividades económicas e a calidade de vida da poboación rural.

O premio ten dúas modalidades, unha dirixida a premiar artigos científicos, libros e capítulos de libros publicados entre o 15 de outubro do 2016 e o 14 de outubro do 2017. A segunda modalidade recoñece teses de doutoramento, traballos de fin de mestrado e traballos fin de grado presentados en calquera universidade. A temática de artigos e teses debe estar relacionada co desenvolvemento do medio rural e/ou cooperativismo de Galicia.

As candidaturas poden presentarse ata o 15 de novembro de 2017 na Secretaría do Instituto de Desenvolvemento Económico de Galicia (Idega), da Universidade de Santiago, ben presencialmente ou por correo ordinario.

O Xurado concederá o premio en cada unha das dúas modalidades establecidas, destinándose un total de 2.500 euros a premios. O fallo farase público antes do 20 de decembro do 2017.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información