¿Como denunciar os danos dos xabaríns?

¿Como denunciar os danos dos xabaríns?

Estragos dos xabaríns no Deza esta semana.

A expansión descontrolada dos xabaríns no agro galego está a provocar importantes perdas para os produtores, ben sexa en hortas, viñedos e, especialmente, nas leiras de millo.

Neste sentido, Jacobo Feijóo secretario de Desenvolvemento Rural de Unións Agrarias, dá unhas recomendacións para denunciar os danos de xeito rápido ante a Xunta de Galicia

En primeiro lugar, lembra que actualmente non hai liña oficial de axudas para pago de danos provocados polos xabaríns, como houbo de xeito extraordinario o ano pasado.

Se se pretende denunciar ao TECOR para o pago dos danos, hai que documentalos mediante fotos e un informe técnico que dea conta da situación da parcela, o cultivo afectado, a extensión dos mesmos e a súa valoración económica.

Pola contra, se ante un ataque do xabarín o que se pretende é actuar con rapidez para evitar a repetición dos danos o importante é comunicalos con axilidade á Administración:

1. Mediante chamada ao teléfono 012.

2. A través dunha organización agraria que a faga chegar ao Servizo Provincial da Xunta correspondente pola canle establecida a tal fin nos protocolos de colaboración establecidos.

3. Directamente ao TECOR correspondente, se ben non quedará constancia oficial do dano.

Unha vez o aviso no Servizo Provincial este se pon en contacto co TECOR correspondente e urxe á toma de medidas, que poden ir dende espantar ás mandas de xabaríns das zonas cultivadas mediante cans, a accións puntuais de caza como as esperas, ou batidas extraordinarias.

A diferenza doutras campañas, este ano o millo ven moi adiantado nalgunhas comarcas, co cal a prevención sobre a espiga que se viña facendo a principios de setembro, xa coa temporada de caza aberta, e por tanto con batidas ordinarias, vaise ter que facer adiantada, aínda en veda, e con medidas extraordinarias. “Non debería de haber excusas, xa que as temperaturas non están sendo moi elevadas e polo tanto os cans poden traballar nos rastros sen maiores problemas”, sinala Jacabo Feijóo.

Descarga o modelo para denunciar ante a Xunta os danos dos xabaríns aos cultivos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información