A Comisión Europea avanza recortes nas axudas da PAC a partir do 2021

A Comisión Europea avanza recortes nas axudas da PAC a partir do 2021

Juncker e o comisario de agricultura, Phil Hogan, durante unha rolda de prensa.

O presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker, defende que será necesario recortar as axudas da Política Agraria Común (PAC) no próximo orzamento da Unión Europea, que abranguerá o período entre 2021 e 2027, co obxectivo de poder financiar outras prioridades do bloque, como a defensa o control de fronteiras, a transformación dixital ou a investigación e paliar tamén a caída de ingresos provocada polo Brexit, que suporá deixar de recibir uns 12.000 millóns de euros.

“Creo que temos que facer recortes nas axudas da PAC e no cambio das políticas de cohesión se queremos cumprir coas novas prioridades. Pero non estou a favor de recortes brutais”, asegurou Juncker este mércores.

Juncker fixo estas declaracións durante a presentación dun documento que redactou para preparar o debate sobre o futuro orzamento comunitario que os xefes de Estado e de Goberno da UE celebrarán o próximo 23 de febreiro en Eslovaquia. Nel presenta diversas opcións para as distintas políticas e as consecuencias financeiras que levarían, aínda que asegura que non son as súas propostas, senón posibilidades baseadas en ideas que se avanzaron nos debates que veñen desenvolvendo.

Tres escenarios para a PAC e temor ao cofinanciamento

Para as axudas dela PAC, a principal partida do orzamento da Unión Europea, contempla tres escenarios. O mellor opción sería o mantemento do orzamento actual (duns 400.000 millóns de euros para o conxunto do período), a segunda un recorte do 15%(que suporía unha diminución duns 60.000 millóns de euros) e a terceira e máis prexudicial para os produtores sería un recorte do 30% no orzamento da PAC (que suporía unha redución de 120.000 millóns). Neste último caso, podería rexistrarse unha caída media da renda agraria de máis do 10% nalgúns Estados membros e algo máis acusada en sectores concretos, especialmente nos gandeiros de vacún, ovino ou cabrún.

A palabra final terana os xefes de goberno e de estado da Unión Europea, xa que son os estados membros os que nutren o orzamento comunitario. O principal temor para os gandeiros e agricultores españois é que se permita un cofinanciamento das axudas da PAC, xa que penalizaría aos produtores dos países do Sur de Europa.

Consulta aquí o documento da presidencia da Comisión Europea 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información