Comeza en Santiago o Foro Internacional da Cultura e da Economía Rural

Comeza en Santiago o Foro Internacional da Cultura e da Economía Rural

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, na presentación do FICRURAL

Dende este domingo e ata o día 28 deste mes celebrarase en Santiago de Compostela o FICRURAL 2019, o Foro Internacional da Cultura e da Economía Rural, organizado polo Concello de Santiago e a Deputación da Coruña.

Ao longo de toda a semana celebrarase unha ampla programación de actividades na Fundación Laboral da Construción e noutros espazos da cidade e do rural compostelán

O Foro Internacional da Economía e da Cultural Rural ten como obxectivo a recuperación, divulgación e dinamización económica do patrimonio material e inmaterial do rural de Compostela, da comarca e da provincia da Coruña, convertendo Santiago nun referente nacional e internacional na promoción da actividade económica rural e da súa simbiose cos espazos urbanos.

O FICRURAL arrincará o domingo 22 co pregón no CSC da Gracia, continuando as actividades de luns a mércores en diferentes espazos de Compostela. Será a partir do xoves 26 e ata o sábado 28 cando se celebre o I Foro Internacional da Economía e Cultura Rural na Fundación Laboral da Construción. Durante este tres días terán lugar as actividades principais do FIC, con proxeccións, feira, coloquios e debates, a V edición do Festival de Cinema Rural Carlos Velo e o espazo para o lecer, con concertos e sesión vermú.

Consulta aquí toda a programación

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información