As comarcas con máis gandería son as que menos poboación perden no rural galego

As comarcas con máis gandería son as que menos poboación perden no rural galego

Paisaxe de rural con actividade gandeira no concello coruñés da Baña

As comarcas con máis gandería, tanto de leite como de vacún, son, en xeral, as que teñen unha poboación menos avellentada e as que menos habitantes perden do rural galego. Así se desprende de cruzar os datos de avellentamento da poboación no ano 2015, do Instituto Galego de Estatística (Ige) e do Instituto Nacional de Estatística (Ine), cos datos de explotacións de gando vacún por concellos da Consellería do Medio Rural, os últimos dispoñibles do ano 2007.

Así, e tal como se pon de manifesto no mapa inferior, os concellos rurais con maior avellentamento da poboación son os da provincia de Ourense, O Courel e Sureste de Lugo, coincidindo coas zonas con menor número de ganderías de vacún, tanto de carne como de leite. Pola contra, e quitada a excepción das zonas periurbanas, os concellos rurais das comarcas máis gandeiras -O Deza, Lugo Centro, A Terra Cha, Arzúa, Xallas, Barcala ou Ordes- son os máis xente nova manteñen no medio rural.

mapa_avellentamento_gando

30 comarcas terán tres veces máis maiores de 65 anos que menores de 20 no 2031

As proxeccións poboacionais para os vindeiros anos publicadas polo INE e o IGE nas últimas semanas, e das que se fai eco o xornal Praza Pública, confirman que as persoas maiores de 55 anos serán a metade da poboación galega en 2031, un avellentamento provocado pola baixa natalidade e pola falta de oportunidades de emprego. Dentro do rural, as perspectivas menos malas son de novo para as comarcas con alta actividade gandeira, especialmente a vinculada ao vacún de leite.

O envellecemento e a perda poboacional afectará a toda Galicia, pero máis aínda ás comarcas que xa están a sufrir esa circunstancia na actualidade. En 2015 había xa cinco comarcas (Terra de Caldelas, Baixa Limia, A Fonsagrada, Os Ancares e Quiroga) nas que o índice de envellecemento (a proporción entre poboación maior de 65 e menor de 20) era superior a 500. É dicir, nestas comarcas hai xa 5 veces máis habitantes de máis de 65 anos que menores de 20. E noutras 11 comarcas hai entre 3 e 5 veces máis maiores de 65. Atendendo ás proxeccións, no 2031 en 30 das 53 comarcas galegas rexistrarán cando menos esa proporción de máis do triplo de maiores de 65 que menores de 20.

En paralelo, segundo as proxeccións de INE e IGE, descenderá a poboación de practicamente todas as comarcas. A poboación total de Galicia caería por debaixo dos dous millóns e medio, cunha redución de 244 mil habitantes (un 9% do total) e só dúas comarcas (Santiago e A Coruña) verían incrementada lixeiramente a súa poboación. O resto sufriría descensos, que nalgúns casos serán moi salientables: 16 comarcas perderán -segundo esta proxección- máis do 20% dos seus habitantes, encabezadas por Terra de Celanova, A Fonsagrada, Baixa Limia e Terra de Caldelas.

INE e IGE prevén caídas notables mesmo para comarcas urbanas como Ferrol (-14%) ou para territorios como O Ribeiro (-25%), Terra de Melide (-20%), Noia (-16%), Deza (-16%), Bergantiños (-15%) ou Terra de Lemos (-14%).

Proxeccións de poboación e de avellentamento para o ano 2031:

Concello

Poboación 2015

Poboación 2031

Variación

Variación %

Índice de avellentamento 2015

Índice de avellentamento 2031

A Barcala

11129

9335

-1794

-16,12

205,2

251

A Coruña

394.047

394.144

97

0,02

124,30

193,10

A Fonsagrada

5.502

3.712

-1.790

-32,53

548,2

615,2

A Limia

21.857

16.087

-5.770

-26,40

325,3

402,20

A Mariña Central

30.067

26.090

-3.977

-13,23

174,20

237,70

A Mariña Occidental

25.980

21.752

-4.228

-16,27

193,20

275,3

A Mariña Oriental

16.495

14.616

-1.879

-11,39

211,10

269,8

A Paradanta

16.131

12.124

-4.007

-24,84

303,8

533,4

A Ulloa

9.663

8.045

-1.618

-16,74

346,6

402,90

Allariz-Maceda

14.546

12.174

-2.372

-16,31

279,5

347,3

Arzúa

17.007

14.278

-2.729

-16,05

246

311,70

Baixa Limia

7.673

5.172

-2.501

-32,59

711,6

1.081,5

Barbanza

66.713

59.272

-7.441

-11,15

117,60

209,4

Bergantiños

68.724

58.705

-10.019

-14,58

177,8

257

Betanzos

39.195

34.023

-5.172

-13,20

207,8

277,3

Caldas

34.935

31.592

-3.343

-9,57

139,4

237,8

Chantada

13.761

11.120

-2.641

-19,19

325,40

359,5

Deza

43.555

36.528

-7.027

-16,13

219,10

333,90

Eume

25.243

20.212

-5.031

-19,93

179,20

288,90

Ferrol

156.272

134.158

-22.114

-14,15

166,5

253,3

Fisterra

23.011

19.079

-3.932

-17,09

190,10

345

Lugo

118.760

115.239

-3.521

-2,96

140,8

200,70

Meira

5.523

4.685

-838

-15,17

368,90

317,20

Muros

13.597

9.684

-3.913

-28,78

263,6

478,8

Noia

34.198

28.620

-5.578

-16,31

184,20

278,90

O Baixo Miño

51.375

46.638

-4.737

-9,22

112,80

217,60

O Carballiño

27.866

22.744

-5.122

-18,38

289,2

355,5

O Condado

43.205

39.470

-3.735

-8,64

107,7

196,60

O Morrazo

82.722

75.438

-7.284

-8,81

105,10

204,60

O Ribeiro

16.541

12.429

-4.112

-24,86

413,8

525,4

O Salnés

110.248

99.201

-11.047

-10,02

112,7

216,10

O Sar

16.562

13.652

-2.910

-17,57

167,8

268,5

Ordes

37.769

32.007

-5.762

-15,26

172,9

247,5

Ortegal

13.319

9.496

-3.823

-28,70

337,70

508,6

Os Ancares

10.698

7.483

-3.215

-30,05

541,5

604,2

Ourense

142.209

137.988

-4.221

-2,97

155,60

223,20

Pontevedra

122.699

119.797

-2.902

-2,37

110,80

198,60

Quiroga

5.728

4.346

-1.382

-24,13

520,6

474

Santiago

165.793

166.736

943

0,57

104,9

173,8

Sarria

23.407

20.058

-3.349

-14,31

270,8

304

Tabeirós-Terra de Montes

26.993

22.940

-4.053

-15,02

228,4

303

Terra Chá

41.931

34.121

-7.810

-18,63

297,40

331,40

Terra de Caldelas

3.210

1.984

-1.226

-38,19

792,6

1.570,2

Terra de Celanova

19.376

13.098

-6.278

-32,40

497

731

Terra de Lemos

31.405

26.883

-4.522

-14,40

305,7

315,20

Terra de Melide

12.863

10.312

-2.551

-19,83

243,8

328,40

Terra de Soneira

18.813

13.217

-5.596

-29,75

246,8

447,1

Terra de Trives

4.424

3.191

-1.233

-27,87

465,20

455,1

Valdeorras

26.400

23.523

-2.877

-10,90

192,5

305,3

Verín

27.259

21.489

-5.770

-21,17

261,3

400,70

Viana

7.377

5.217

-2.160

-29,28

422,5

784,2

Vigo

416.438

394.941

-21.497

-5,16

112

206,5

Xallas

14.441

11.104

-3.337

-23,11

242,20

413,20

Galicia

2.734.656

2.489.946

-244.710

-8,95

151,9

232,70

Fonte: Ine e Ige

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información