Clun renova a súa cooperación coa Efa-Fonteboa para potenciar a formación dos futuros gandeiros

Clun renova a súa cooperación coa Efa-Fonteboa para potenciar a formación dos futuros gandeiros

José Montes durante a súa intervención.

O Centro de Promoción Rural EFA-Fonteboa de Coristanco acolleu este martes o acto de sinatura do convenio de colaboración entre Cooperativas Lácteas Unidas (Clun) e a Fundación para a promoción e desarrollo local (Fundesar), propietaria do centro de formación agrogandeira Efa-Fonteboa.

O obxectivo da renovación deste acordo é seguir traballando en equipos as dúas institucións cun obxectivo común: unha formación integral dos mozos que apostan polo rural.

Previamente ao acto de sinatura, o director xeral de Clun, José Luis Antuña impartiu unha conferencia sobre a importancia deste proxecto estratéxico de carácter cooperativo para a sustentabilidade do sector lácteo galego.

Ademais, no acto tamén interviron o secretario de Fundesar, José María Álvarez de Toledo; o director da EFA-Fonteboa, Luis García; José Montes Pérez, vicepresidente de Cooperativas Lácteas Unidas, e José Angel Blanco Purriños, presidente desta mesma entidade.

Mediante este acordo Clun comprométese a poñer a disposición os seus técnicos para as actividades de formación que teñan lugar na Efa-Fonteboa. Asemade, a cooperativa comprométese a realizar unha doazón anual para a mellora das infraestruturas educativas do centro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información