Cimag Gandagro distingue 18 máquinas destacadas e 3 innovacións

Cimag Gandagro distingue 18 máquinas destacadas e 3 innovacións

Tractor New Holland con sistema de giro variable, uno de los premios de máquinas destacadas.

A feira Cimag Gandagro, que se desenvolve desde hoxe xoves ata o sábado en Silleda, distinguiu os avances en prestacións, deseño ou calidade de traballo de 18 máquinas, que recibiron a nominación de máquinas destacadas. Outro dos certames que se celebra na feira, o Gandagro Innova, premiou tamén as tres innovacións máis destacables desta edición.

Máquinas destacadas
As 18 máquinas destacadas, seleccionadas polo xurado de entre as máis de 30 participantes, foron as seguintes:

– Sistema de xiro variable nos tractores das Series T6 e T7, de New Holland, deseñado para realizar de maneira rápida e segura diferentes manobras nas labores de campo e transporte. O sistema permite regular o volante para acadar distinta rapidez de xiro co seu movemento, o que facilita as manobras.

– Aboadora Amazone con axuste automático de distribución transversal mediante un radar que non se ve afectado polo po e as impurezas. Este sistema permite unha corrección automática do reparto de abono para lograr unha distribución homoxénea. (Farming Agricola).

Aboadora Amazone premiada.

Aboadora Amazone premiada.

– Sistema de xestión intelixente en carros autopropulsados Faresin que pemite realizar análises de cultivos, de esterco, dos alimentos, da ración no comedoiro ou das dexeccións animais (Farming Agrícola). O sistema é capaz de medir por infrarroxos os niveis de proteína e fibra da forraxe. Tamén mide o poder nutricional das dexeccións gandeiras ou, incorporado nunha picadora, pode determinar os niveis nutricionais da forraxe colleitada.

– Encintadora Alz para pacas redondas de dobre brazo que permite traballar con dúas bobinas, facendo o encintado na metade de tempo, de Millares Torrón

Encintadora Alz, de Millares Torrón, outro dos premios.

Encintadora Alz, de Millares Torrón, outro dos premios.

– Sistema de medida da lonxitude da fibra de carros mesturadores Visiomix, de Electricidad Mario, baseado na visión artificial para medir a lonxitude das fibras e a homoxeneidade da unifeed.

– Cargadora telescópica de Manitou, presentada por Cardelle Hidráulica, que pode activarse e desactivarse facilmente, o que permite reducir o consumo de combustible.

– Picadora de forraxe autopropulsada de Claas Ibérica, cun sistema que multiplica a superficie do material picado, o que incrementa o efecto estrutural do ensilado do millo no rumen da vaca, conseguindo así máis dixestibilidade.

– Desenvolvedora Rollpick Pro con horquilla de balas integrada ideal para cargadores frontais, de Eurotechnics Agri.

– Carro mesturador autopropulsado Storti, cun sistema exclusivo de transmisión mecánica de movemento aos sinfíns e un inxector de tornillo sinfín de construción estable, lixeira e de fácil instalación, ambos de Fliegl Ibérica.

Inyector purin

– Minicargadora articulada multifunción Avant con dobre velocidade e apta para circulación vial cun sistema que reduce as perdas de potencia por fricción, de Grupo Empresarial Torneiro.+

– Roto-encintadora John Deere deseñada para grandes explotacións e contratistas que requiren alta produtividade e duración, con mantemento reducido e costes optimizados, presentada por Maquinaria Agrícola del Noroeste.

– Aplicador de xurros mixto ALP cun filtro que retén as partículas máis grosas para evitar obturacións nos tubos, de Maquinaria Agrícola Plumed.

– Trituradora abatible para pastos con dous cabezais solapados que evitan deixar herba sen cortar no centro, de Serrat Trituradoras.

– Rastrillo hilerador de molinete horizontal con paralelogramos para adaptarse ao perfil do chan, de Stirmot.

– Barra de tubos universal para a aplicación de purín Mastek con 28, 40 ou 48 saídas e adaptación a calquera tipo de cuba mediante parafusos.

– Rotoempacadora Pottinger de cámara fixa, que fai pacas de 1,25 m e está controlada cun mando “select control”. Tamén unha segadora con sinfín hilerador Pottinger que acordoa a forraxe inmediatamente despois da sega e ten un 30% menos de peso, as tres de Durán Maquinaria Agrícola.

O xurado estivo presidido por Javier Bueno Lema, director xeral do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo – CETAL, formando tamén parte del Ignacio Ruiz, secretario xeral da Asociación Nacional de Maquinaria Agropecuaria, Forestal y de Espacios Verdes (Ansemat) e Fernando Augusto dos Santos, profesor da Escola de Ciencias Agrarias e Veterinarias da Universidad de Tras Os Montes e Alto Douro. O experto Luis Márquez, foi o asesor do xurado.

Entrega del primer premio de Gandagro Innova a Lely por un robot de alimentación.

Entrega del primer premio de Gandagro Innova a Lely por un robot de alimentación.

Gandagro Innova

En canto ó certame Gandagro Innova, o primeiro premio recaeu no sistema automático de alimentación para gando vacún Lely Vector, presentado por Agrotec Entrecanales – Lely. Este sistema automatiza a distribución e aproximación do alimento nas explotacións de vacún, liberando aos gandeiros da rutina de alimentar ás vacas e aforrándolles tempo. Mide a cantidade de comida existente no pesebre e en base a esa información prepara a ración necesaria, garantindo que sempre hai cantidade suficiente de alimento fresco na cornadiza, sen que sexa necesaria a intervención do gandeiro.

Ao empuxar o alimento, o sensor de altura detecta se é necesario engadir máis alimento. Desta maneira, soamente se subministrará cando sexa estritamente necesario, co que se reduce a cantidade de alimento desperdiciado e se incrementa a cantidade de fresco. É un sistema limpo, silencioso, de baixo consumo e seguro.

Mencións
Por outra banda, unha das mencións recaeu no recuperador de calor para avicultura presentado por Rosber. Esta novidade quenta o aire que entra dende fóra das granxas cando expulsa ao exterior o aire viciado. Controla a ventilación de mínimos, humidades internas ambientais e de camas e tamén reduce os gases de combustión por calefacción que se emiten á atmosfera. Así, mellora o ambiente interno das explotacións, reducindo dióxido de carbono e amoníaco e aumentando o índice de osíxeno atmosférico. Entre as súas vantaxes, destacan que mellora o benestar animal e reduce o gasto en calefacción e o tempo de man de obra.

Sistema para mover grellas nas obras en naves gandeiras.

Sistema para mover grellas nas obras en naves gandeiras.

A outra mención recaeu no carro para transportar e depositar grellas de formigón, presentado por Agrícola Cacheda. Este carro, deseñado e construído integramente en Silleda, evítalle ao operario a manipulación directa de pezas de entre 80 e 150 quilogramos, permitindo unha carga e instalación rápida, cómoda e segura, reducindo ata tres veces o tempo de instalación de emparrillados de formigón en naves gandeiras.

Estas propostas foron xulgadas por dez expertos que representaron á Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, Axencia Galega de Innovación (GAIN), Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia, Centros de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo e de Sergude, Facultade Veterinaria de Lugo, Consello Superior de Investigacións Científicas de Galicia, Parque Tecnolóxico de Galicia, Escola Politécnica Superior de Lugo e Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información