Cimag-GandAgro abrirá con 394 expositores de 23 países

A feira agrogandeira Cimag-GandAgro 2015 inaugúrase este xoves con 394 firmas expositoras de 23 países e un amplo programa de actividades.

Cimag-GandAgro abrirá con 394 expositores de 23 países

Vista de CIMAG 2013.

A Feira de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Cimag-GandAgro 2015, abrirá as súas portas dende mañá ata o sábado coa presenza de 394 firmas expositores de 23 países. Destas firmas, 168 son expositores directos e os restantes indirectos.

Estes expositores, entre os que se encontran moitas das empresas máis importantes do sector a nivel nacional e internacional, ocuparán os dous pavillóns principais do recinto Feira Internacional de Galicia, sendo a superficie bruta da exposición de 21.300m² e a neta de 10.706m².

Cimag-GandAgro 2015 é a primeira cita desta feira nacida da fusión de dous recoñecidos certames do sector primario, o Monográfico da Gandería e a Agricultura (GandAgro) e o Certame Internacional de Maquinaria Agrícola (Cimag) e convértese no único espazo especializado que une nunha soa cita a estes tres sectores.

Así, ofrecerá aos visitantes unha gran diversidade de produtos e novidades de, entre
outros ámbitos, sanidade e hixiene animal, nutrición, fertilizantes e sementes, xenética,
animal vivo, equipamentos para agricultura e gandería, sistemas de muxido, tractores e
motocultores, maquinaria para explotacións gandeiras, de recolección e postrecolección,
de preparación de solo; de semente, plantación e abonado; e de protección de cultivos, ademais de compoñentes e accesorios.

A feira será inaugurada mañá ás 12:00 horas pola Conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, quen estará acompaña de diversas autoridades. No seu percorrido pola feira a Conselleira participará na entrega dalgúns dos premios do concurso de innovación “Maquinas Destacadas 2015”, xunto co xurado do mesmo.

Un amplo programa con gran interese

En canto ás actividades do certame, o seu programa estará conformado por un importante número de propostas de interese para agricultores, gandeiros e profesionais de diversos ámbitos dentro do sector primario.

Consulta toda a programación nesta ligazón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información