Celebración de San Isidro Labrador dos enxeñeiros técnicos agrícolas

Celebración de San Isidro Labrador dos enxeñeiros técnicos agrícolas

Foto de grupo dos enxeñeiros técnicos agrícolas.

O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Galicia celebrou o San Isidro Labrador cun xantar de confraternidade no Pazo do Faramello, ubicado no concello coruñés de Rois. O acto contou coa asistencia da conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, que valorou o labor do colectivo como “artífice da modernización da agricultura, gandería e sector forestal de Galicia”.

A conselleira salientou ademais que actualmente forman parte do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Galicia un total de 767 profesionais, nunha actividade que, dixo, “conta con máis de 160 anos de historia”. Cara o futuro, a titular de Medio Rural indicou que “imos seguir precisando da actuación agroforestal para equilibrar e conservar o noso territorio, para garantir a nosa economía e mesmo para apoiar a cultura, o turismo, a paisaxe e a gastronomía”.

Neste mesmo sentido, engadiu que “temos grandes retos aos que enfrontarnos e para acadar estas metas, cómpre contar con técnicos formados que poidan intervir nunha nova agricultura máis moderna e sustentable”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información