Campaña de Enesa contra o fraude nas bonificacións dos seguros agrarios

Centos de explotacións gandeiras están recibindo estes días cartas de Enesa, a entidade pública dependente do Ministerio de Agricultura, nas que pide aos gandeiros que acrediten a súa condición de explotación prioritaria para acceder á bonificación do seguro.

Campaña de Enesa contra o fraude nas bonificacións dos seguros agrarios

Centos de explotacións gandeiras están recibindo estes días cartas da Entidade Estatal de Seguros Agrarios (Enesa), o organismo público dependente do Ministerio de Agricultura, nas que lles pide aos titulares que acrediten a súa condición de explotación gandeira prioritaria para ter dereito á bonificación do 10% na contratación de seguros agrarios.

Esta campaña de control aleatoria, correspondente ás pólizas contratadas en 2015, persigue evitar a fraude nas bonificacións do 10% na contratación dos seguros agrarios para as explotacións agrarias prioritarias; é dicir, aquelas máis profesionais (que posibilitan a ocupación cando menos dunha UTA -Unidade de Traballo Agrario- e que a renda por unidade de traballo que obteña a mesma sexa igual ou superior ao 35 % da renda de referencia e inferior ao 120 % de esta). A campaña enmárcase dentro dos recortes do Goberno Central ás axudas á contratación de seguros agrarios.

Segundo Enesa, a carta vai dirixida a aquelas explotacións nas que existe sospeita de fraude: “Ao cruzar a información cedida por outras Administracións comprobouse que non se puido verificar a súa condición pola que percibiu a subvención adicional (…) xa que o órgano responsable da Comunidade Autónoma non aportou datos que verifiquen a condición de titularidade de explotación prioritaria”, reza a misiva.

“Tamén se pode acceder á bonificación por mozo gandeiro ou por estar nunha OP”

Neste sentido, o Ministerio pide aos titulares da explotación que presenten nun prazo de 15 días hábiles desde a recepción da carta un certificado emitido pola Comunidade Autónoma correspondente que acredite a condición de titular de explotación prioritaria, expedido como máximo nos cinco anos anteriores á data de contratación do seguro”.

“Se transcorrido este prazo -advirte Enesa- non se recibe a documentación, ou fora incorrecta (..) por parte de Enesa procederase a declarar a subvención indebida e iniciarase o procedemento de reintegro” para que o titular da explotación devolva a axuda.

Dende Ucoga, a correduría de seguros agrarios líder en Galicia, lembran que “en caso de que a gandería non sexa explotación prioritaria, tamén existen bonificacións, non acumulables, do 10% para os mozos gandeiros ou para as ganderías integradas dentro dunha Organización de Produtores”.

Unións Agrarias critica o “interese recadador” de Enesa e pide unha reunión coa Consellería

Pola súa parte, o sindicato Unións Agrarias anuncia que vai solicitar unha reunión urxente con responsables da Consellería de Medio Rural para que expliquen como é posible, na súa opinión, que “gran parte das explotacións gandeiras que teñen recoñecido o carácter de prioritaria, e polo tanto con dereito a percibir unha subvención complementaria na contratación da seguros agrarios, estean vendo como non lle aplican os descontos establecidos pola normativa estatal de seguros agrarios”.

Para a organización agraria “isto so obedece a un interese recadador de Enesa para cotizar á alza as pólizas e tamén da Consellería de Medio Rural, posto que o gandeiro terá pagar unha taxa de 10 euros para facerse coa documentación que a Xunta de Galicia tería que ter enviado de oficio”.

Carta que está enviando estes días Enesa ás explotacións gandeiras:

POLIZA_ENESA_PRIORITARIA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información