Campaña de Agromuralla para doar forraxe e recursos ás ganderías afectadas polos lumes

Campaña de Agromuralla para doar forraxe e recursos ás ganderías afectadas polos lumes

Bolos de silo queimados.

O colectivo de gandeiros Agromuralla súmase a Aprolega e tamén iniciou estes días unha campaña para recoller forraxes e fondos cos que axudar ás ganderías galegas afectadas pola vaga de lumes.

As persoas interesadas en colaborar enviando forraxe sobrante pódense poñer en contacto con Agromuralla enviando unha mensaxe por privado a través da súa páxina de Facebook.

“Por moitas imaxes que vexamos, seguro que non nos facemos idea de como o están pasando estes gandeiros e gandeiras, con pastos queimados, pendellos con alimento almacenado para o gando que se converteron en cinza, con problemas de abastecemento de auga e un longo etcétera”, lembran dende a asociación.

Piden tamén a colaboración dalgún transportista que queira axudar nesta iniciativa, “para facerlles chegar o que vaiamos conseguindo”.

A segunda alternativa que ofrecen dende Agromuralla é facer unha achega económica para as explotacións gandeiras danadas polo lume. A aportación pódese facer a través do número de conta con ES330081217943000111612, e no concepto deberá indicarse que se trata de “donativos afectados lume”.

“Hoxe tocoulles a eles pero mañá podemos ser nós e seguro que nós gustaría que alguén nos tendera unha man”, lembran dende Agromuralla.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información