Beneficiarios das axudas para desenvolver pequenas explotacións

Medio Rural publica o listado das persoas que recibirán subvencións para a creación de pequenas empresas agrarias

Publicidade
Beneficiarios das axudas para desenvolver pequenas explotacións

As axudas para pequenas explotacións van dirixidas fundamentalmente á horticultura e fruticultura.

A Consellería do Medio Rural publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o listado de persoas beneficiarias das axudas para desenvolver pequenas explotacións agrarias. Esta liña de subvencións, orientada principalmente a produtores hortícolas e de froita, beneficiará a un total de 32 persoas, que recibirán 15.000 euros por solicitante, o que representa un total de 480.000 euros.

A liña de apoio a pequenas explotacións convocárase a finais do 2015 conxuntamente coas axudas de plans de mellora e de incorporación de persoas mozas. Agárdase que a Consellería tamén publique nos próximos días os beneficiarios dos plans de mellora e das axudas á incorporación.

Máis información
Listado de beneficiarios das axudas para impulsar pequenas explotacións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información