Axudas para rehabilitar vivendas do rural

Axudas para rehabilitar vivendas do rural

Vivendas na Baña (A Coruña)

O próximo 15 de xullo remata o prazo para solicitar as axudas do Instituto Galego de Vivenda e Solo para a rehabilitación e remate de fachas e cubertas no medio rural, tal e como recolle a orde publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A contía destinada a estas axudas, de 1 millón de euros, poderá ser ampliada se así o esixe a demanda de axudas.

Da contía total, 500.000 euros destinaranse a actuacións no medio rural e outros 500.000 euros a actuacións en conxuntos históricos e nos Camiños de Santiago.

Poderán ser beneficiarios das subvencións os promotores das actuacións que cumpran os requisitos establecidos e conten coa resolución de cualificación definitiva ou coa cédula de rehabilitación de calidade. Ademais a vivenda deberá ser domicilio habitual do propietario ou dun inquilino no caso de estar alugada. A única excepción son os galegos residentes no exterior da comunidade autónoma e que non destinen a vivenda ao alugamento, pois neste caso a obriga limitarase á residencia na vivenda rehabilitada ou reconstruída durante un período de, polo menos, 15 días ao ano.

Polo que respecta ao límite de ingresos dos beneficiarios, será de 3,5 veces o Iprem no caso de rehabilitacións no medio rural e de 6,5 veces o Iprem en rehabilitacións en conxuntos históricos e nos Camiños de Santiago. No caso de vivendas destinadas ao alugamento, os ingresos dos inquilinos non poderán superar 4,5 veces o Iprem.

O importe da subvención será do 50 por cento do orzamento que figure na resolución de cualificación definitiva, cun límite de de 6.600 euros no caso de remate de fachada e rehabilitación, e de 8.600 euros na modalidade de reconstrución de edificios e vivendas.

Axudas á rehabilitación de vivendas situadas nos Camiños de Santiago

Por outra parte, o Instituto Galego de Vivenda e Solo tamén convocou as axudas ás comunidades de propietarios, as agrupacións de comunidades de propietarios e as persoas físicas propietarias únicas de edificios ou de vivendas que estean emprazadas no ámbito da Área de Rehabilitación Integral (ARI) dos Camiños de Santiago e estean en posesión da correspondente resolución de cualificación definitiva outorgada polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

As persoas interesadas en acceder a estas axudas poderán solicitalas dende mañá e ata o 30 de novembro de 2017. O orzamento para estas axudas é de 2,9 millóns de euros.

O importe máximo da axuda será de 15.000 euros por vivenda, dos que 11.000 serán de financiamento estatal e non poderán superar máis do 35 por cento do orzamento e 4.000 de financiamento autonómico, co límite do 10 por cento do orzamento.

A delimitación da ARI comprende o trazado das setes rutas do camiño en Galicia: 445 parroquias de 107 concellos das catro provincias galegas. Nas zonas de carácter rural o ámbito da área de rehabilitación comprende a totalidade da parroquia, de maneira que todas as vivendas da mesma que cumpran os requisitos poden beneficiarse das axudas establecidas. Nas zonas urbanas o ámbito da ARI restrínxese ao trazado do Camiño.

Consulta aquí a orde de axudas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información