Axudas para comunidades de usuarios de augas e asociacións veciñais e de mulleres rurais

Publicidade

Administración convocante: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190102/AnuncioG0244-211218-0009_gl.html

Prazo: Ata 02/02/2019

Resumo:

A Xunta de Galicia publica este mércores no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas dirixidas a comunidades de usuarios de augas, asociacións veciñais, colectivos de mulleres rurais e federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia,. As subvencións oriéntanse a financiar investimentos, tanto de obra como de equipacións, en camiños veciñais, traídas de augas e inmobles da súa titularidade ou sobre os que teñen dereito de uso.

A cantidade total prevista para as axudas é de 1,5 millóns de euros. As solicitudes resolveranse por orde de entrada, ó tratarse de subvencións en concorrencia non competitiva.

A axuda económica que se conceda poderá acadar a totalidade do investimento realizado cun límite máximo por entidade de 12.000 euros para a realización de obras e de 5.000 euros para dotación de equipamentos, ata o esgotamento do crédito.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. É dicir, ata o 2 de febreiro.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información