As axudas de 2017 para maquinaria agrícola en común beneficiarán a 20 sociedades e cooperativas

As axudas de 2017 para maquinaria agrícola en común beneficiarán a 20 sociedades e cooperativas

A conselleira durante a visita á Cuma "Os de Rois"

A Consellería do Medio Rural achegará este ano preto de 3 millóns de euros ás axudas para o fomento de maquinaria agrícola en réxime asociativo cofinanciadas polo Feader. Estas subvencións teñen por obxecto promover o uso de maquinaria e outros equipamentos de carácter agropecuario en común e así racionalizar os custos de mecanización.

A conselleira Ángeles Vázquez adiantou que a orde axudas deste ano está resolta provisionalmente e a resolución definitiva sairá publicada no DOG nas próximas semanas. Segundo os datos provisionais, haberá unha vintena de beneficiarios que de media recibirán 147.837 euros de axuda.

Este anuncio realizouno a titular de Medio Rural durante unha visita este venres a unha das beneficiarias destas axudas, a Cooperativa de Utilización de Maquinaria Agrícola (Cuma) Os de Rois, situada no concello coruñés homónimo.

En total, nos últimos tres anos a Xunta achegou 11,5 millóns de euros a este fin cos que colaborou con 110 sociedades ou cooperativas, cunha media por expediente de 104.652 euros. Entre os investimentos máis solicitados están os carros mesturadores de alimentación, tractores, segadoras, sementadoras e trituradoras, entre outra maquinaria agrícola.

“Só nos últimos dous anos o parque de maquinaria en Galicia incrementouse en 3.600 unidades ou, o que é o mesmo, nunha media de 150 altas ao mes”, salientou a conselleira.

CUMA Os de Rois

A cooperativa Os de Rois é unha das sociedades beneficiadas por estas axudas. De feito, grazas á achega de Medio Rural do ano pasado puido mellorar os servizos que ofrece aos seus 16 socios con outras seis novas máquinas. Esta CUMA ten unha facturación media duns 157.484 euros nos últimos anos e o valor da súa maquinaria chega aos 821.919 euros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información