Axudas da Xunta a préstamos para rehabilitación de vivendas

Axudas da Xunta a préstamos para rehabilitación de vivendas

A Xunta de Galicia subsidia ata o 100 %, durante catro anos, dos xuros dos préstamos para financiar obras de rehabilitación de vivendas mediante un orzamento de case 3 millóns de euros.

Os interesados nestas subvencións poderán solicitalas ata o vindeiro 15 de outubro, salvo que se esgote antes a dotación orzamentaria, tal como recollía o Diario Oficial de Galicia na publicación da convocatoria para este ano.

Estas axudas para as actuacións de rehabilitación están incluídas no Plan rehaVIta, plan galego de rehabilitación, alugueiro e mellor acceso á vivenda 2015-2020 e o importe da convocatoria de 2018 supera en máis dun 60% o orzamento da de 2017.

O importe máximo dos préstamos será de 30.000 ou 60.000 euros, segundo se trate de préstamos con garantía persoal ou hipotecaria. Os préstamos terán unha duración entre 6 meses e 15 anos, poderán ser de tipo fixo ou variable e non terán ningunha comisión. Os beneficiarios poderán solicitar un período de carencia de dous anos durante os cales non pagarán capital. Desta maneira, para os beneficiarios con ingresos que non superen catro veces o indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM), a cota mensual dos dous primeiros anos pode ser de cero euros.

As persoas que subscriban préstamos cualificados ao abeiro desta convocatoria poderán beneficiarse da subsidiación dos xuros de ditos préstamos ata o 100% dos mesmos e por un período máximo de catro anos.

Así, os créditos serán sen xuros para as familias con ingresos de ata 4 veces o IPREM, de forma que, por exemplo, un fogar con 3 membros no que entren menos de 37.400 euros ao ano. Para ingresos superiores (ata 5,5 veces o IPREM), a subsidiación de xuros será do 80%

No caso de persoas con ingresos maiores de 5,5 veces o IPREM e que non superen as 6,5 veces, aínda que non terán bonificacións nos intereses, si disporán de facilidades na concesión do préstamo beneficiándose, por exemplo, da exención da comisión de apertura, entre outros.

Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas promotoras da rehabilitación, xa sexan propietarias ou teñan calquera outro título que acredite a posesión do inmoble. No caso de actuacións promovidas por comunidades de propietarios no que as obras de rehabilitación se realicen en elementos comúns do edificio, as persoas beneficiarias serán os membros da comunidade en funcións da súa porcentaxe de participación nas obras.

Os ingresos da unidade de convivencia non deberán superar 6,5 veces o IPREM para acceder aos préstamos cualificados. Para poder acollerse ás axudas económicas directas, o límite máximo de ingresos será de 5,5 veces o IPREM.

Actuacións protexibles

A Orde pola que se regula o Programa de Préstamos Cualificados para a Rehabilitación de Edificios e Vivendas establece que as actuacións de rehabilitación que se poderán financiar a través destas axudas serán as obras de adecuación estrutural e construtiva e de adecuación das condicións de habitabilidade do edificio ou da vivenda e de mellora de eficiencia enerxética.

Tamén están incluídas obras destinadas a adecuar os edificios ou as vivendas e os seus accesos á normativa vixente sobre accesibilidade e aquelas destinadas a adecuar o acabado xeral do edificio e das vivendas aos principios da boa construción.

Consulta aquí a convocatoria das axudas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información