O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este xoves a orde da Consellería do Medio Rural pola que se regula a presentación electrónica de solicitudes de arrendamento de predios rústicos incorporados ao Banco de Terras de Galicia.
A partires do vindeiro día 1 de outubro, data de inicio da segunda convocatoria de solicitudes de arrendamento de predios integrados no Banco, poderá tramitarse a totalidade da solicitude de xeito telemático. O trámite seguirá a realizarse por medio do Sistema de Información de Terras de Galicia (Sitegal) co que pretenden axilizar o procedemento e ofrecer maiores facilidades ós usuarios do Banco de Terras.
Aquelas persoas físicas que queiran presentar as solicitudes en papel poderán seguir facéndoo. Porén, as persoas xurídicas estarán obrigadas a que cumprimentar as solicitudes por vía electrónica. O servizo habilitarase na sede electrónica da Xunta de Galicia.