Axilízase o arrendamento de fincas no Banco de Terras

Os trámites poderán formalizarse pola vía telemática a partir do día 1 de outubro para a segunda convocatoria de peticións. Tamén se admitirán solicitudes en papel

Axilízase o arrendamento de fincas no Banco de Terras

A segunda convocatoria de arrendamentos no Banco de Terras arranca o 1 de outubro.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este xoves a orde da Consellería do Medio Rural pola que se regula a presentación electrónica de solicitudes de arrendamento de predios rústicos incorporados ao Banco de Terras de Galicia.

A partires do vindeiro día 1 de outubro, data de inicio da segunda convocatoria de solicitudes de arrendamento de predios integrados no Banco, poderá tramitarse a totalidade da solicitude de xeito telemático. O trámite seguirá a realizarse por medio do Sistema de Información de Terras de Galicia (Sitegal) co que pretenden axilizar o procedemento e ofrecer maiores facilidades ós usuarios do Banco de Terras.

Aquelas persoas físicas que queiran presentar as solicitudes en papel poderán seguir facéndoo. Porén, as persoas xurídicas estarán obrigadas a que cumprimentar as solicitudes por vía electrónica. O servizo habilitarase na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Consulta aquí a orde do DOG en detalle.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información