A asociación Apenagal pídelle á Fegamp que apoie o mantemento das Oficinas Agrarias Comarcais

A asociación Apenagal pídelle á Fegamp que apoie o mantemento das Oficinas Agrarias Comarcais

Asemblea de APENAGAL

A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) recibiu o pasado venres día 1 de xuño a unha delegación da recentemente constituída Asociación Profesional de Enxeñeiros Agrarios de Galicia (APENAGAL), onde se expuxeron as inquietudes de este colectivo sobre o rural.

Comezouse por unha exposición sobre os fins da asociación e sobre o alto grao de ruralidade do territorio galego. Neste sentido, APENAGAL defendeu a necesidade dunha planificación ampla por parte das administración públicas para desenvolver as producións agrogandeiras e frear así o despoboamento do rural.

Por último solicitouse a FEGAMP pór en valor o servizo que desenvolven as 67 Oficinas Agrarias Comarcais (OAC), espalladas por toda Galicia e que cumpren un papel clave no asesoramento, rexistro público, fomento das iniciativas agrogandeiras e información próxima ao cidadán. Estas oficinas veñen padecendo, ao igual que os centros públicos de investigación agraria dependentes da Administración autonómica (CIAM, EVEGA), un recorte de persoal que dificulta a prestación axeitada dos servizos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información